Estás en:Emprego Novas

Formoso felicita á selección española sub18 de voleibol pola súa clasificación para o campionato de Europa

O presidente asistiu hoxe en Dumbría á derradeira xornada do torneo preeuropeo, do que España e Ucraína saen clasificadas

Formoso felicita á selección española sub18 de voleibol pola súa clasificación para o campionato de Europa

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu esta tarde en Dumbría xunto co alcalde da localidade, Raúl González Lado, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, á última xornada do torneo de clasificación para o campionato de Europa sub18 de voileibol.

Cun pavillón polideportivo do Conco ateigado de afeccionados durante toda a fin de semana, a xornada rematou cun espectacular partido entre España e Ucraína, que rematou con vitoria española. España e Ucraína son precisamente os dous equipos que saen clasificados deste torneo para o europeo.

Ao remate do partido, o presidente da Deputación da Coruña e o alcalde de Dumbría felicitaron os deportistas e ao corpo técnico da selección española pola vitoria de hoxe e polo gran traballo realizado neste preeuropeo e desexáronlles éxitos para a Campionato de Europa, que se celebrará en Bulgaria do 10 ao 27 de xullo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X