Estás en:Emprego Novas

A Deputación valora a colaboración co Concello de Ribeira na programación cultural da inauguración do seu auditorio

O vicepresidente, Xosé Regueira e a deputada de cultura, Natividade González, visitaron o municipio, onde se reuniron co alcalde, Luis Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de economía, Herminia Pouso, nunha xornada na que tamén visitaron o Museo do Gravado

O auditorio abrirá o vindeiro 15 de xuño, convertíndose "nun equipamento cultural de referencia comarcal"

A Deputación valora a colaboración co Concello de Ribeira na programación cultural da inauguración do seu auditorio

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividade González, acudiron ao Concello de Ribeira, onde se reuniron co alcalde, Luís Pérez Barral, co segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de economía, Herminia Pouso, para abordar posibles vías de colaboración de cara á inauguración do seu auditorio municipal, que terá lugar o 15 de xuño. Ademais, aproveitaron para visitar o Museo do Gravado.

Dende a Deputación valoraranse diferentes posibilidades para colaborar na programación especial da apertura deste "equipamento cultural de referencia comarcal", tal e como sinalan dende o consistorio.

Tamén se abordaron as diferentes liñas de subvencións ás que se poden optar, tanto no eido da cultura como no de turismo.

A deputada de cultura mostrou "toda a disposición" da súa área para "contribuír a dotar de vida a este espazo con gran potencial para a difusión da nosa cultura", revelou, "nun fito tan relevante como é a súa inauguración". Tal e como sinalou, "auditorios como este son o mellor escaparate da nosa identidade, e representan unha excelente oportunidade para promocionar a nosa cultura e para dinamizar a vida social e cultural da comarca, da provincia e do país".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X