Máis de 60 mulleres participan en Vimianzo na primeira ‘RuralTalks’ da GIRA Mujeres
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que "o emprendemento rural non só impulsa a economía local, senón que fortalece o tecido social e promove a diversificación económica". A rexedora quixo agradecer, ademais, a "todas as participantes por achegarnos estes conceptos e servir de inspiración para as xeracións futuras".
A deputada de Emprego, Rosa Ana García, destacou o labor das mulleres no desenvolvemento e revitalización dos territorios rurais e puxo en valor programas como o Plan de Emprego Local (PEL), que impulsan o emprego e emprendemento feminino, especialmente no ámbito rural.
A Casa de Cultura de Vimianzo acolleu hoxe a primeira das 'RuralTALKS' da GIRA Mujeres, o programa de formación e capacitación para o emprendemento feminino impulsado por Coca-Cola en España, na que participaron máis de 60 mulleres. Este ciclo de faladoiros creouse co obxectivo de impulsar e fomentar o empredemento feminino e enriquecer a conexión entre as mulleres emprendedoras e os territorios nos que se desenvolven os seus proxectos.
Todas as participantes puideron compartir as súas experiencias con expertas no sector. Entre elas, estaban a subdirectora xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Belén Liste, a deputada de Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e a fundadora de Nós Igualdade, Patricia Vaquero. A xornada completouse con tres referentes de emprendemento local: Yolanda Blanco, veciña da localidade e fundadora de Suidade DG, María José Tallón, de Trasdeza Natur e Ana Corredoira, da Cernada.
Durante a sesión analizáronse cuestións tan importantes como a creación de novos modelos de negocio adaptados ás necesidades do mercado desde o mundo rural, a inspiración a outros negocios nestes lugares ou os recursos dispoñibles para as mulleres emprendedoras rurais.
A alcaldesa e deputada provincial, Mónica Rodríguez, destacou que "o emprendemento rural non só impulsa a economía local, senón que fortalece o tecido social e promove a diversificación económica". A rexedora quixo agradecer, ademais, a "todas as participantes por achegarnos estes conceptos e servir de inspiración para as xeracións futuras".
A deputada de Emprego, Rosa Ana García, destacou o labor das mulleres no desenvolvemento e revitalización dos territorios rurais e puxo en valor programas como o Plan de Emprego Local (PEL), que impulsan o emprego e emprendemento feminino, especialmente no ámbito rural.
Pola súa banda, Concepción Macías, Directora da empresa social AlmaNatura, afirmou que "en esta jornada hemos analizado cómo la innovación es clave para generar modelos de negocios más adaptados a las necesidades del mercado desde el mundo rural, incorporando una visión femenina del cuidado a la comunidad y generando impacto positivo para la sociedad y el medioambiente".