Estás en:Emprego Novas

Iria López Teixeiro

#AVoltaÁprovinciaEn52Autoras 

Iria López Teixeiro

Iria López Teixeiro

Iria López Teixeiro, nada en Fene, é unha escritora e guionista galega.

É técnica superior de realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou na montaxe de Galicia Visual de Adivina Producciones para Televisión de Galicia no 2001. Editou o vídeo do documental Camiño de Santiago, a Orixe de Jorge Algora. Como técnica de posprodución  traballou en distintas películas e documentais. Como directora realizou os documentais De Cores, Bandeiras Interiores e Dando a Nota, nomeado aos Mestre Mateo de 2008.

Como escritora deuse a coñecer ao gañar o 1º Premio Biblos-Pazos de Galicia coa novela Meniña de Cristal, sendo tutelada por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Obra

Narrativa

  • Meniña de cristal (2005, Biblos Clube).
  • Santa Matriusca (2008, Biblos Clube). [N 869.9 LOP san / a]

Obras colectivas

  • Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Sete de Biblos (2012, Biblos Clube).

Manuais de escritura

  • Sacar al escritor que llevas dentro
  • Como escribir diálogos
  • Como escribir una novela

Nas Redes

https://twitter.com/irialt?lang=es

@literautas: https://www.literautas.com/ 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X