Estás en:Emprego Novas

Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega. Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.

O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste. Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial, Strange Horizons ou Luzes. Na rede foi escritora de varios blogs ...mmmm... [...], abra la cápsula, por favor. e sagasomos. Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios e podcasts.

Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, A ciencia do poema, As curiosas: son de letras+ciencias, Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019), Escrita no ceo (Planetario de A Coruña, 2014), Porto ciencia/Porto poema (2023) ou Novembro Estelar (2021, 2022).

É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Gales, La Mediterrània) e científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51). Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).

Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, tesitura de mezzosoprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico.

Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Antuerpen, Bruxelas e A Coruña.

Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.

Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás.

Obra

Poesía

  • Mecánica zeleste (1999).
  • Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000). [GAL/8821]
  • -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002).
  • Número e (Espiral Maior, 2004). [GAL/11212]
  • Zoommm. Textos biónicos (Xerais, 2009). [GAL/14483]
  • Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor. [GAL P 1]
  • ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018) [GAL P 12]
  • Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo

Ensaio

  • Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020)
  • Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)

Relato

  • Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).

Tradución

  • A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016)
  • Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016)
  • O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022)
  • Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023)

Con outras artes

  • Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez
  • Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021)
  • Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta
  • Vídeopoema No xardín nocturno de Antonia Dirixido por Juan Lesta
  • Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía
  • Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024

Literatura infanto-xuvenil

  • Caer de cu polo universo (Apiario, 2015).
  • Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023)
  • Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño.

Obra en castelán

  • Papel a punto de (2011). El Gaviero. [GAL/749]
  • Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.

Traducións

  • Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.[En alemán]
  • Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons. [En inglés]
  • L'Europa dei giovanni (2007). CLEUP/Universidade de Padua. [En italiano]

Premios

  • Premio Esquío de poesía (1999), por Pan (libro de ler e desler).
  • Premio de poesía Díaz Jácome (2001), por -orama.
  • Premio Espiral Maior (2001), por número e.
  • Premio de Poesía Serie B da Semana Negra de Gijón (2011).
  • 1º Premio de Podcasts Poético-Artísticos do Concello de Tarragona (2006).
  • XV Premio de poesía Afundación (2017), por As neuronas irmás.
  • XLV Premio Modesto Rodríguez Figueiredo (2020), por 23 xeitos de inventar unha constelación.
  • Premio de Ideas Luísa Villalta (2019), por Curiosas na lúa: cultura científica con pegada e voz de muller.
  • Premio Alfredo Iglesias en Teo (2023).

A Autora nas Redes

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X