Estás en:Emprego Novas
Día das Letras Galegas 2024

eBiblioDaCorunaClub: "Pensar é escuro : poesía reunida (1991-2004)"

Nova lectura do noso club de lectura dixital, na sala "Arredor dos libros"

eBiblioDaCorunaClub:

Comeza nova lectura no club de lectura dixital:
"Pensar é escuro : poesía reunida (1991-2004)" de Luísa Villalta.

Falta moi pouco para a celebración máis importante da nosa literatura, o #diadasletrasgalegas, e no Club de Lectura Dixital comezamos nova lectura cunha obra da homenaxeada deste ano Luísa Villalta.

Podes entrar coas túas claves da eBiblioDaCoruna en: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/ e se non as tes solicita a túa alta de balde aquí:
https://emprego.dacoruna.gal/biblioteca/formularios/solicitude-para-maiores-14/

"Pensar é escuro" recupera os catro títulos de poesía que Luísa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004).
Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.

Máis información sobre o funcionamento do club aquí: https://emprego.dacoruna.gal/.../ebibliotecadacoruna-club-lector

Se accedes á plataforma desde o teu móbil, lémbrate de descargar a nova app, chámase eBiblioDaCoruna e está dispoñíble para a súa descarga gratuíta en todas as tendas de aplicacións dos diferentes sistemas operativos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X