Estás en:Emprego Novas

O Pequebasket converte a Carballo na capital galega do baloncesto infantil

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, estiveron hoxe na inauguración do evento, que reúne a máis de 400 nenas e nenos de 36 equipos de Galicia

O Pequebasket converte a Carballo na capital galega do baloncesto infantil

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente do Xiria, Primitivo Reguera, asistiron hoxe no pavillón polideportivo Bergantiños de Carballo á inauguración da décima edición do Pequebasket, que durante toda a xornada congrega na localidade a máis de 400 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos de 36 equipos de toda Galicia para gozar do baloncesto e de numerosas actividades lúdicas para toda a familia.

Formoso felicitou ao presidente do Xiria polo "extraordinario traballo de promoción do deporte que realiza" nas súas escolas de baloncesto e balonmán e ao alcalde de Carballo pola colaboración do Concello na organización do Pequebasket, "unha referencia entre as competicións do seu ámbito" e subliñou o apoio da Deputación da Coruña ao deporte de base con eventos coma este, que reúnen cada ano a centos de pequenos deportistas.

O presidente da Deputación realizou o saque de honra do partido entre o CB As Pontes e o Cluny Blanco.

Ao longo de todo o día, o baloncesto será o protagonista en Carballo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X