Estás en:Emprego Novas

A deputada de plans provinciais, Cristina García, presenta en Laxe os investimentos do Plan único da Deputación

O municipio recibe a través deste plan un total de 533.380,08 €; unha cantidade que inclúe os 281.978,63 € da fase inicial e os 251.401,45 € adicionais

O Plan único da Deputación repartirá un total de 100,5 M€ entre os 93 concellos da provincia, sumando o importe da fase inicial e o das adicionais

A deputada de plans provinciais, Cristina García, presenta en Laxe os investimentos do Plan único da Deputación

Laxe acolleu hoxe a visita da deputada de Plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que se reuniu co alcalde, Francisco Charlín Oróns, e parte da Corporación municipal, para tratar os investimentos do Plan único no municipio. Ademais, aproveitou para visitar unha das obras financiadas cos fondos da Deputación: a Igrexa de Soesto.

O Plan único inviste neste 2024 en Laxe un total de 533.380,08 €, unha cantidade que inclúe os 281.978,63 € da fase inicial e os 251.401,45 € adicionais. Con este importe adicional, o concello de Laxe poderá abordar novas obras que se suman ás xa finalizadas, como a da Igrexa de Soesto que está agora mesmo en execución e que visitaron esta mañá a deputada e o equipo de goberno municipal.

Con estes investimentos adicionais, a Deputación destinará a toda a Comarca de Bergantiños (Carballo, A Laracha, Malpica, Coristanco, Laxe, Ponteceso e Cabana) un importe de 8.917.364,27 €, sumando os 4.527.102,32 € iniciais e os 4.390.261,94 € adicionais. Este importe forma parte do total que a entidade provincial reparte entre os 93 concellos da provincia, que alcanza os 100,5 M€.

"O Plan único é unha ferramenta pensada para que os concellos coruñeses xestionen os fondos que reciben da Deputación con eficiencia e autonomía, en función da súa realidade", apuntou Cristina García. "En concellos pequenos como o de Laxe, este plan é especialmente importante xa que pode chegar a supoñer ata o 30% do seu orzamento total". "O Plan único", engadiu, "financia obras e servizos municipais que, en definitiva, melloran a vida dos veciños e veciñas".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X