Estás en:Emprego Novas

Jorge Cagiao e Javier Martínez gañan o 36 Rallye de Narón

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou na entrega de trofeos

Jorge Cagiao e Javier Martínez gañan o 36 Rallye de Narón

Jorge Cagiao e Javier Martínez do Recalvi Team, aos mandos dun Alpine A110 R-GT, volveron subir hoxe a podio como gañadores da 36 edición do Rallye de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto organizada polo Club Siroco Narón coa colaboración da Deputación da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, participaron no acto de entrega de trofeos aos gañadores.

O rallye contou con dez tramos, cinco deles a dobre pasada, que puxeron a proba a habilidade dos pilotos a través de estradas de Narón, San Sadurniño, As Somozas, Moeche e Cerdido.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X