Estás en:Emprego Novas
Porto do Son

Patricia Torrado Queiruga

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Patricia Torrado Queiruga

Patricia Torrado Queiruga, nada en Baroña (Porto do Son), é unha escritora, xornalista, museóloga e ilustradora galega.

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá, experta en conservación e restauración do patrimonio a mais de activista cultural. Editora en Toxosoutos do 2016 a 2019.

Colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.

"Soñou dende pequena vivir entre libros, tintas, pinceis, trementina e acuarelas. Non hai nada como facer os soños realidade". (A autora)

Obra

  • Don Carlos e o misterio dos lucecús (Baía Ed., 2021). [N TOR don / v]

  • Bolboretario do confinamento (2022)

  • Ouveos fractais (2024)

Obra colectiva

  • Irmás : oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos editora,2023). [GAL P 73]

  • A garza en chamas (Alvarellos editora, 2021)

Premios

  • Segundo premio de microrrelatos Semana sen fronteiras do Casino 1889 de Carballo en 2018

  • Primeiro premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba, 2019 con Da estirpe ágrafa.

  • Primeiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2020, por Silencios náufragos.

  • Accésit no XXV Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2020 co relato Roxanne.

  • Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do Día do Libro de Vilalba, 2020 con Confin(arte).

  • Primeiro Premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2020, con Herdar a fala.

A autora nas redes

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X