Estás en:Emprego Novas
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Noelia Gómez

Rianxo

Noelia Gómez

Noelia Gómez

Noelia Gómez Calvo, nada en Rianxo, é unha xornalista e escritora galega.

Cursou o Bacharelato de Artes Escénicas e Musicais no IES Salvador de Madariaga da Coruña, e o grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universidade Pompeu Fabra.

Tamén publicou nas revistas Madrygal, Dorna e A Voz de Barbantia.

Obra

  • O xiro (Ed. Xerais, 2018) [GAL P 78]

"Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade. O xiro é o primeiro poemario dunha au­tora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra."

Antía Otero

Escolmas

  • 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (USC, 2016)
  • No seu despregar (Apiario Editora, 2016)
  • Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018)
  • Poesía galega novísima (Urutau, 2020)


Premios e recoñecementos

  • Finalista do II Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero (USC, 2016)
  • II Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua (Rianxo, 2015).
  • V Premio de Poesía Gonzalo López Abente (2018)

A autora nas redes

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X