Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña destina 2,3 millóns en axudas a 1.106 profesionais autónomos da provincia

O BOP publica hoxe a concesión das axudas do programa PEL-Autónomos

Profesionais autónomos con domicilio fiscal nos concellos de Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra son os que aglutinan a meirande parte de solicitudes concedidas

A comarca de Santiago é a que resulta máis favorecida pola axuda con 308 concesións e un importe de 712.800,00 €.

A Deputación da Coruña destina 2,3 millóns en axudas a 1.106 profesionais autónomos da provincia

FOTO (Arquivo): Formoso durante unha presentación do PEL

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución de concesión definitiva das axudas da liña PEL-AUTÓNOM@S do Plan de Emprego Local (PEL), que sufragará parte dos custos por cotas á Seguridade Social dos/as traballadores/as por conta propia que conten cunha antigüidade inferior a cinco anos de alta e que teñan a súa sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que ao abeiro deste programa, un total de 1.106 profesionais autónomos recibirán este ano entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago das cotas á Seguridade Social, cun investimento total que supera os 2,3 millóns de euros.

Formoso subliñou "a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego en Galicia", un colectivo ao que pertencen máis de 205.000 persoas na nosa comunidade. "Por iso decidimos crear esta liña de axudas, que cada ano é unha das máis demandadas do PEL, e incrementar o seu orzamento do millón de euros consignado no orzamento inicial aos 2,3 millóns, co obxectivo de atender o maior número de solicitudes posible", apuntou.

O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de "favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural", un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial no presente mandato.

Esta liña de axudas a autónomos é unha das que integran o PEL, unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron 106 millóns de euros nos últimos anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. Desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado.

Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra aglutinan o maior número de axudas concedidas

En canto á distribución das axudas por concellos, os que contan cun maior número de solicitudes concedidas nesta convocatoria son: Ordes, con 43 solicitudes que supoñen un montante de 101.800 euros; Teo, cun total de 42 solicitudes concedidas por importe de 97.400 euros; e Boiro con 39 concesións e 88.400 euros en axudas, seguidos de Sada, Noia e Fisterra con 38, 37 e 34 profesionais autónomos/as beneficiarios/as e uns importes concedidos por concello de 88.600 euros, 81.600 euros e 79.200 euros. Entre estes seis concellos aglutinan o 22,93% das solicitudes concedidas totais.

Segundo o domicilio fiscal, obsérvase que os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes son os máis numerosos entre as persoas beneficiarias, con 428 concesións (42,13% do total), seguidos dos municipios de entre 10.000 a 19.999 habitantes, con 264 concesións (25,98% sobre o total).

En canto a distribución das concesións por comarcas, Santiago é a que concentra un maior número de solicitudes concedidas, con 308 o que representa un 30,31%, por un importe de 712.800 euros; seguida da de Bergantiños-Costa da Morte con 202 concesións, un 19,88 % do total por un importe de 464.500 euros.

Cabe destacar que das 1.016 persoas beneficiarias ás que se lles concede a axuda, 429 son mulleres autónomas. Isto supón o 42,22 % do total.

Por sector de actividade, o terciario é o máis favorecido cun 66,99 % das concesións, especialmente o comercio (10,93%); seguido por unha actividade do sector secundario construción e reformas (10,63 %). No sector primario destaca a actividade agrícola que comprende o 3,35 % das concedidas.

Dos sectores considerados estratéxicos, destacan as persoas autónomas dedicadas ás actividades agrícola, gandeira, forestal e pesqueira, cun 17,91% das concesións, é dicir 182, seguidas das que teñen como actividade o comercio con 12,50% concesións (12,50% das concesións) e, en terceiro lugar, os e as que se dedican ao transporte, con 48 concesións (un 4,72% do total).

Do total de persoas beneficiarias, 631 non o tiñan sido en anualidades anteriores, o que supón que o 62,11% do total das persoas autónomas ás que se lle concede a axuda é a primeira vez que a recibirán.

A listaxe completa das persoas profesionais autónomas que se beneficiarán este ano das axudas de PEL-Autónom@s pode consultarse na seguinte ligazón:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/12/2024_0000004102.html

TÁBOA 2. SOLICITUDES CONCEDIDAS POR COMARCA

COMARCA

CONCELLO

NÚM.

% CONCEDIDAS

IMPORTE CONCEDIDO

% IMPORTE CONCEDIDO

BARBANZA

Boiro

39

3,84 %

88.400,00 €

3,77 %

Carnota

12

1,18 %

27.400,00 €

1,17 %

Lousame

1

0,10 %

2.400,00 €

0,10 %

Mazaricos

18

1,77 %

42.000,00 €

1,79 %

Muros

19

1,87 %

42.800,00 €

1,83 %

Noia

37

3,64 %

81.600,00 €

3,48 %

Outes

14

1,38 %

31.800,00 €

1,36 %

Pobra do Caramiñal, A

8

0,79 %

19.200,00 €

0,82 %

Porto do Son

12

1,18 %

28.000,00 €

1,19 %

Rianxo

15

1,48 %

36.000,00 €

1,54 %

BARBANZA

175

17,22 %

399.600,00 €

17,05 %

BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

Cabana de bergantiños

22

2,17 %

51.800,00 €

2,21 %

Camariñas

15

1,48 %

33.600,00 €

1,43 %

Cee

21

2,07 %

49.800,00 €

2,13 %

Cerceda

6

0,59 %

14.400,00 €

0,61 %

Corcubión

8

0,79 %

17.800,00 €

0,76 %

Coristanco

10

0,98 %

22.000,00 €

0,94 %

Dumbría

6

0,59 %

13.200,00 €

0,56 %

Fisterra

34

3,35 %

79.200,00 €

3,38 %

Laracha, A

18

1,77 %

41.800,00 €

1,78 %

Laxe

9

0,89 %

20.200,00 €

0,86 %

Malpica de Bergantiños

4

0,39 %

9.600,00 €

0,41 %

Muxía

13

1,28 %

30.300,00 €

1,29 %

Ponteceso

14

1,38 %

31.800,00 €

1,36 %

Vimianzo

11

1,08 %

25.600,00 €

1,09 %

Zas

11

1,08 %

23.400,00 €

1,00 %

BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

202

19,88 %

464.500,00 €

19,82 %

CORUÑA-AS MARIÑAS

Abegondo

9

0,89 %

21.200,00 €

0,90 %

Aranga

4

0,39 %

8.600,00 €

0,37 %

Bergondo

9

0,89 %

21.600,00 €

0,92 %

Betanzos

23

2,26 %

54.200,00 €

2,31 %

Carral

7

0,69 %

16.800,00 €

0,72 %

Coirós

3

0,30 %

7.200,00 €

0,31 %

Curtis

17

1,67 %

39.600,00 €

1,69 %

Irixoa

3

0,30 %

7.000,00 €

0,30 %

Mesía

5

0,49 %

12.000,00 €

0,51 %

Miño

19

1,87 %

45.400,00 €

1,94 %

Oza-Cesuras

11

1,08 %

24.800,00 €

1,06 %

Paderne

12

1,18 %

27.800,00 €

1,19 %

Sada

38

3,74 %

88.600,00 €

3,78 %

Sobrado

6

0,59 %

14.368,80 €

0,61 %

Vilasantar

4

0,39 %

8.400,00 €

0,36 %

CORUÑA- AS MARIÑAS

170

16,73 %

397.568,80 €

16,97 %

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

Ares

10

0,98 %

22.000,00 €

0,94 %

Cabanas

5

0,49 %

12.000,00 €

0,51 %

Capela, A

2

0,20 %

4.800,00 €

0,20 %

Cariño

15

1,48 %

34.400,00 €

1,47 %

Cedeira

19

1,87 %

43.800,00 €

1,87 %

Cerdido

6

0,59 %

14.000,00 €

0,60 %

Fene

11

1,08 %

24.400,00 €

1,04 %

Mañón

4

0,39 %

9.600,00 €

0,41 %

Moeche

6

0,59 %

13.000,00 €

0,55 %

Monfero

3

0,30 %

6.000,00 €

0,26 %

Mugardos

10

0,98 %

23.200,00 €

0,99 %

Neda

5

0,49 %

12.000,00 €

0,51 %

Ortigueira

18

1,77 %

40.600,00 €

1,73 %

Pontedeume

14

1,38 %

33.000,00 €

1,41 %

Pontes de García Rodríguez, As

10

0,98 %

23.800,00 €

1,02 %

San sadurniño

7

0,69 %

16.000,00 €

0,68 %

Somozas, as

4

0,39 %

8.600,00 €

0,37 %

Valdoviño

9

0,89 %

21.200,00 €

0,90 %

Vilarmaior

3

0,30 %

6.400,00 €

0,27 %

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

161

15,85 %

368.800,00 €

15,74 %

COMPOSTELA

Arzúa

13

1,28 %

30.600,00 €

1,31 %

Baña, A

6

0,59 %

14.400,00 €

0,61 %

Boimorto

3

0,30 %

6.200,00 €

0,26 %

Boqueixón

9

0,89 %

20.000,00 €

0,85 %

Brión

20

1,97 %

46.600,00 €

1,99 %

Dodro

3

0,30 %

6.600,00 €

0,28 %

Frades

7

0,69 %

15.200,00 €

0,65 %

Melide

12

1,18 %

28.600,00 €

1,22 %

Negreira

19

1,87 %

43.800,00 €

1,87 %

Ordes

43

4,23 %

101.800,00 €

4,34 %

Oroso

19

1,87 %

43.800,00 €

1,87 %

Padrón

11

1,08 %

24.000,00 €

1,02 %

Pino, O

11

1,08 %

23.600,00 €

1,01 %

Rois

8

0,79 %

18.200,00 €

0,78 %

Santa comba

30

2,95 %

70.800,00 €

3,02 %

Santiso

7

0,69 %

16.800,00 €

0,72 %

Teo

42

4,13 %

97.400,00 €

4,16 %

Toques

3

0,30 %

7.200,00 €

0,31 %

Tordoia

4

0,39 %

8.400,00 €

0,36 %

Touro

5

0,49 %

11.400,00 €

0,49 %

Trazo

6

0,59 %

14.400,00 €

0,61 %

Val do Dubra

13

1,28 %

30.200,00 €

1,29 %

Vedra

14

1,38 %

32.800,00 €

1,40 %

COMPOSTELA

308

30,31 %

712.800,00 €

30,42 %

Total Resultado

1016

100,00 %

2.343.268,80 €

100,00 %


Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X