Estás en:Emprego Novas

A Deputación completará en xullo as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 3205 en Vilasantar

A Deputación completará en xullo as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP 3205 en Vilasantar

A deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez Ordóñez, acompañada de técnicos provinciais, visitou o concello de Vilasantar para entrevistarse co alcalde, Fernando Pérez Fernández, e comprobar in situ o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP 3205 de Présaras a Carregosa.

As obras, cun orzamento de 269.375,58 €, consisten na mellora da seguridade viaria mediante a construcción dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada, dende o p.q. 1+21 ao p.q. 1+690 e que  dá continuidade á senda existente.

Tamén se contempla a creación dunha pequena senda na marxe dereita da estrada dende o p.q. 0+991 ao p.q. 6+690, para facilitar o tránsito dos peóns que se dirixen á igrexa de San Pedro de Présaras. Durante a visita ás obras, comprobouse o avanzado estado da súa execución, que prevén rematar no vindeiro mes de xullo.

Na visita, a deputada asinou no libro de ouro do concello e atendeu as demandas do alcalde sobre o ensanche e unha mellora da súa pavimentación da mesma estrada DP 3205 en varias fases.

Mónica Rodríguez avanzou que os técnicos provinciais estudiarán a viabilidade da proposta e farán unha estimación económica do proxecto.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X