Estás en:Emprego Novas
Diversidade sexual

Día Internacional do Orgullo LGBT

O próximo 28 de xuño é o Día do Orgullo LGBTIQ+ e, desde a Biblioteca Provincial, preparamos recomendacións de lectura e recursos informativos para sumármonos á celebración da diversidade e o respecto aos dereitos das persoas.

Día Internacional do Orgullo LGBT

O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.

A mensaxe do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.

Na Biblioteca sumámonos a esta reivindicación e preparamos algúns recursos relacionados coa diversidade sexual e os dereitos das persoas:

  • Guía de lectura sobre diversidade sexual [documento]
  • Na eBiblioDaCoruna seleccionamos diversos recursos [enlace]
  • Nas diversas seccións da Biblioteca tamén vos agardan recunchos temáticos para levar en préstamo.

Agardamos que gocedes das lecturas!

Para saber algo máis deste día...

Historia
En 1969, clientes do bar Stonewall Inn, en Nova York, frecuentado por homosexuais e transexuais, fixéronlle fronte á acción policial alí ocorrida, desencadeándose dous días de protestas que culminaron na marcha do 1 de xullo de 1970, precursora das do Orgullo LGTB.

Marchas e celebracións

Orgullo LGTB+ de Reiquiavik en 2004.
A celebración é coñecida sobre todo polas coloridas «marchas do orgullo» (en inglés «pride parades») que coinciden, no hemisferio norte, co inicio do verán. Os símbolos do orgullo LGTB+ son a bandeira coas cores do arco da vella e os triángulos rosas. Hoxe en día, após se teren superado en moitos países as leis que penalizaban a homosexualidade, reivindícase o mesmo para o resto do mundo.

En Europa, cada ano os colectivos homosexuais elixen unha cidade distinta de forma itinerante para celebrar en conxunto o orgullo LGTB+ de todo o continente. Esta marcha é denominada Europride.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X