Estás en:Emprego
O regulamento aprobado incorpora leves modifiacións ao presentado por CC.OO. e UXT hai medio mes

A Mesa de Negociación aproba o regulamento de Carreira Profesional Horizontal

A Carreira Profesional Horizontal supón o máis importante recoñecemento ao desenvolvemento laboral do persoal da Deputación da Coruña

A Mesa de Negociación aproba o regulamento de Carreira Profesional Horizontal

Medio ano de arduo traballo conxunto de UXT e CCOO acaba de frutificar na Mesa Xeral de Negociación celebrada hoxe.

A Mesa de Negociación aproba o regulamento de Carreira Profesional Horizontal con leves modificacións ao presentado por CC.OO. e UXT hai medio mes, no que constitúe un grande éxito sindical e unha proba da calidade e seguridade xurídica do traballo desenvolvido por ambos os dous sindicatos. A proposta da Corporación incorpora pequenas modificacións que, aínda que tanto UXT como CC.OO. non compartimos, aceptamos como froito da negociación e para conseguir que a Carreira Profesional Horizontal sexa unha realidade xa neste ano 2024. Á parte de certas modificacións de carácter técnico pouco significativas, a Corporación rebaixou lixeiramente as cantidades que se van cobrar por grao consolidado de carreira en relación coa proposta conxunta de CC.OO. e UXT. Tamén ampliou un ano o desenvolvemento do período extraordinario en relación coa nosa proposta, onde propoñiamos acadar o 100% do importe en cinco anos, mentres que a Corporación o ampliou a seis por motivos orzamentarios.

Aínda que a Corporación reduciu levemente a proposta de UXT e CC.OO, a Carreira Profesional Horizontal supón o máis importante recoñecemento ao desenvolvemento laboral do persoal da Deputación da Coruña, como pode observarse no cadro de importes por ano completo de carreira para cada un dos graos que teña consolidado o persoal da Deputación segundo o grupo ou subgrupo no que o acadou. Cabe subliñar que a Carreira Profesional Horizontal remunera un máximo de catro graos.

Importe Complemento de Carreira por cada Grao según o Grupo de Clasificación

Grupo A1 2.500 €

Grupo A2 2.250 €

Grupo B  2.000 €

Grupo C1 1.750 €

Grupo C2 1.500 €

Agrupacións Profesionais 1.250 €

O persoal verá reflectida a Carreira Profesional Horizontal na nómina de outubro, se o Pleno da Corporación aproba en xullo o regulamento como ten intención o Goberno Provincial, tal e como vimos demandando dende UXT e CC.OO. Cabe lembrar que froito da negociación de ambos os dous sindicatos, os orzamentos do 2024 inclúen unha partida de medio millón de euros para o desenvolvemento da Carreira Profesional, polo que de non implantarse neste ano o persoal da Deputación perdería o dito medio millón de euros.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X