Estás en:Emprego Novas

A rapazada dos campamentos de verán da Deputación goza do bo tempo no Aquapark de Cerceda

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, recibiron hoxe aos cen nenos e nenas que participan no campamento esta semana

O programa contempla un amplo abanico de actividades deportivas, culturais e de ocio

A rapazada dos campamentos de verán da Deputación goza do bo tempo no Aquapark de Cerceda

Cen nenos e nenas dos concellos de Aranga, Bergondo, Cabanas, A Capela, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiago de Compostela, Vilarmaior e Vilsantar participan esta semana na segunda quenda dos campamentos de verán da Deputación da Coruña.

A rapazada visitou hoxe o Aquapark de Cerceda, onde foron recibidos polo deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e o alcalde Juan Manuel Rodríguez.

Ata o venres, gozarán de numerosas actividades que inclúen deportes náuticos, actividades ao aire libre, excursións á praia e visitas culturais, deportivas e etnográficas en zonas de interese na provincia da Coruña. As actividades e xogos buscarán en todo momento fomentar a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

En total, 500 nenas e nenos de todos os concellos da provincia participan durante o mes de xullo nos campamentos de verán da Deputación, que teñen como sede a residencia do IES Rosalía Mera da cidade da Coruña.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X