Estás en:Emprego Novas

A Deputación ofrecerá servizos de atención aos visitantes no Mosteiro de Caaveiro durante este verán

O Mosteiro poderá visitarse de 10:30 a 14:00h e de de 16:00 a 20:00h tódolos días da semana dende o 12 de xullo e ata o 22 de setembro

A Deputación da Coruña publica hoxe o anuncio de licitación dos servizos de atención dos visitantes ao Mosteiro de Caaveiro durante o verán de 2024

A Deputación ofrecerá servizos de atención aos visitantes no Mosteiro de Caaveiro durante este verán

O Mosteiro de Caaveiro contará con servizos de atención aos visitantes dende o 12 de xullo e ata o 22 de setembro. Así o recolle o anuncio de licitación publicado hoxe, onde se especifican os horarios de visita, que serán de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h tódolos días da semana.

Esta iniciativa parte da área de patrimonio e contratación da Deputación da Coruña, liderada polo deputado Xosé Penas, "para poñer en valor un monumento tan significativo como é o Mosteiro de Caaveiro, en pleno Parque Natural das Fragas do Eume, que é identidade, cultura e historia", apuntou Penas.

"A apertura aos visitantes do Mosteiro de Caaveiro súmase a outras iniciativas que temos en marcha, como os procesos de musealización do mosteiro mediante o percorrido do Reino de Galiza". O obxectivo é "non só dar a coñecer este conxunto patrimonial, senón ofrecer aos visitantes unha atención de calidade, con información sobre este monumento e o seu contexto histórico para convertelo nun enclave turístico nacional".

O Mosteiro de Caaveiro, patrimonio da Deputación da Coruña, alberga un conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas (Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celas, cabido, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario...), cuxas orixes se remontan ao século X, en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X