Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Luz Casal

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Polo concello de Boimorto: Luz Casal

Luz Casal

Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto), aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.

Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.

En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra, Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.

Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.

A fins de 2007, recuperada do cancro de mama que padeceu, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia. O 17 de maio de 2010 publica na súa páxina: Me dirijo a vosotros para deciros que en mi última revisión me han detectado un cáncer en el otro seno.

Dende o 2012 organiza en Boimorto un festival solidario chamado Festival de la Luz para recadar cartos para a Asociación Española contra o Cancro

Discografía

  • El ascensor (1980), single
  • Luz (1982), tamén chamado No aguanto más.
  • Los ojos del gato (1984)
  • Luz III (1985)
  • Quiéreme aunque te duela (1987)
  • Luz V (1989)
  • A contraluz (1991), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar.
  • Como la flor prometida (1995) [2.CAS com]
  • Pequeños y grandes éxitos (1996)
  • Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma.
  • Un mar de confianza (1999). Disco de platino.
  • Con otra mirada (2002). Disco de platino.
  • Sencilla alegría (2004). Disco de platino.
  • Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino.
  • Vida tóxica (2007). Disco de ouro.
  • La pasión (2009)
  • Un ramo de rosas (2011)
  • Almas gemelas (2013) [2.CAS alm]
  • Que corra el aire (2018) [2.CAS que]
  • Solo esta noche (2022)
  • Las ventanas de mi alma (2023)

Libros

  • Bonet, Magda. Mi memoria es agua. Barcelona : Ediciones B, 2006 [PS/4605]

Participou nas bandas sonoras de filmes como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.

Recoñecementos

2010: Medalla Castelao.
2013: Premio Nacional das Músicas Actuais, do Ministerio de Educación e Cultura.
2018: Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia.
2023: Galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música.
2023: Medalla de Galicia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X