Úrsula Heinze
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Concello de Santiago de Compostela
Úrsula Heinze
Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.
Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.
A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".
Obra
Narrativa
- O soño perdido de Elvira M. (1982). Xerais. Traducido ao asturiano en 2001.
- Remuíños en coiro (1984) Xerais. [BM/1146 e GAL/913]
- Anaiansi (1989). Xerais. [GAL/2823]
- "Ancor", en Catro contos de Reis (1991). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 29.
- Confidencias (1992). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 69.
- Rodolfo (1992). Contos do Castromil.
- Culpable de asasinato (1994). Xerais. Traducida ao romanés en 1998.
- Polas rúas de Padrón (1994). Ediciós do Castro. [GAL/5119]
- Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás (2017). Alvarellos Editora.
- Delirios de pracer (2018). Aira.
- Flashes (2020). Fervenza.
Literatura infanto-xuvenil
- O buzón dos nenos (1985). Galaxia.
- Sempre Cristina (1986). Xerais.
- A casa abandonada (1987). Xerais. [N HEI cas / v]
- Máis alá de Galicia (1989). Ir Indo. [N HEI mai / v]
- A nena de ouro (1991). Xerais. [N HEI nen / v]
- Confidencias (1992). El Correo Gallego [GAL/3605]
- Nace un campión (1992). Galaxia. [N HEI nac / v]
- Quérote (1994). Sotelo Blanco. [N HEI qué / v]
Ensaio
- Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais.
- Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227.
- As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991).
- Mulleres (1991). Xerias. [GAL/3406]
- Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993).
- ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.
Poesía
- Versos de terras distantes (1995).
- Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. [GAL/8252]
- Ambra : gedichte = poemas (2001). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo, ilustracións, Felipe Criado. Ediciís do Castro. [GAL/14254]
- Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. [GAL/10312]
- Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.
- Nur meer sein/Solamente sen mar (2005).
- Na pel do insomnio (2008) Follas Novas.
- Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora. [GAL/15349]
- Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe.
- Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.
Tradución
- O ponche dos desexos de Michael Ende, 1991 (xunto a Ramón Lorenzo).
- Terra, mar e lume. Poesía de Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, 1996.
- As galiñas de vento de Günter Grass, 2000, Xerais.
Obras colectivas
- E dixo o corvo... (1997), Xunta de Galicia.
Premios e recoñecementos
- Premio Merlín (1986), por A casa abandonada.
- Premio Blanco Amor (1993) por Culpable de asasinato.
- Premio Losada Diéguez (1994).
- II Premio PEN Clube de Galicia (2005).
- Medalla Castelao (2013)
A autora nas redes
Praza [Entrevista]
Nós diario [Entrevista]
La Voz de Galicia [Entrevista]