Estás en:Emprego Novas

O presidente da Deputación da Coruña reuniuse co alcalde de Cerdido para abordar as necesidades do municipio

O presidente da Deputación da Coruña reuniuse co alcalde de Cerdido para abordar as necesidades do municipio

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Cerdido, Alberto Rey Paz.

Nesta primeira reunión entre Formoso e o alcalde de Cerdido, que ambos definiron como cordial e produtiva, abordáronse os distintos investimentos que a Deputación financia no municipio, así como as súas necesidades de cara a futuro e as posibilidades de colaboración entre ambas administracións.

Entre os investimentos da Deputación en Cerdido, destacan os financiados con cargo ao Plan Único (POS+), que suma máis de 2,6 millóns de euros no municipio nos últimos anos, con máis de 30 obras que contribuíron á mellora de servizos públicos esenciais como a ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga en distintas parroquias de Cerdido, a mellora de numerosas pistas e camiños municipais e a mellora de espazos e infraestruturas públicas.

O rexedor puxo sobre a mesa distintas necesidades do municipio como continuar a mellora da rede de abastecemento de auga en lugares como Torre, Barqueira Vella, Aldar ou Campo do Hospital, así como proxectos para recuperar fontes e lavadoiros e instalacións deportivas, e a necesidade dun tractor desbrozadora que contribúa a mellorar o resto dos camiños municipais e a previr incendios.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X