Arrinca o estudo de necesidades formativas para empresas turísticas da comarca do Eume
O obxectivo é detectar as carencias e necesidades que ten o sector en temas como a sostibilidade, innovación, dixitalización e idiomas, entre outros
Este estudo forma parte dunha actuación contemplada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino "Fragas do Eume", promovido pola Deputación e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
O pasado mércores comezou o estudo de necesidades formativas para empresas turísticas situadas na Comarca do Eume, co obxectivo de detectar as carencias e necesidades que ten o sector turístico en temas de sostibilidade, innovación, dixitalización e idiomas, entre outros.
Este estudo forma parte dunha actuación contemplada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino "Fragas do Eume", promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O estudo estará dividido en diferentes fases, e en todas elas, terá en conta en todo momento o coñecemento e experiencia dos prescriptores e coñecedores do destino, para poder identificar de maneira correcta as necesidades formativas e de asesoramento do sector turístico do Eume. Para iso, a empresa adxudicataria do contrato en colaboración coa Deputación da Coruña, contactará directamente co sector privado para facer diferentes aproximacións como entrevistas, enquisas e mesas de traballo.
Dende a Deputación da Coruña, agradece de primeira man, a involucración do sector turístico no desenvolvemento económico e social da comarca do Eume e anima a todo a sector a participar neste estudo.