Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Lola Rontano

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras no concello de Zas

Lola Rontano

Dolores Torrano Vicente, é mais coñecida como Lola Rontano (Comala, Murcia). Activista medioambiental, viaxeira e profesora de francés, reside en Galicia, lugar onde recalou como voluntaria durante a crise do «Prestige».

Ademais de colaborar con artigos e outros textos en diversos fanzines, blogs, revistas e xornais dixitais, traduciu cancións do francés Dominique A («El oficio de cantante», inédito) e participou na «Antología de poesía erótica» do Instituto Iberoamericano de Estudos Atlánticos en 2015. Na revista «Luzes» (2022) publicou a crónica «Diario negro dunha marea». 

Obra

Galego

  • Esperta do teu sono (2024). Vigo: Xerais. [https://ebiblio.dacoruna.gal/info/esperta-do-teu-sono-00406035]

Ten como eixo central as movilizaciones veciñais contra a mina de Corcoesto. Desde un cruzamento de xéneros de novela negra, novela histórica, calendario, tratado de activismo ou documento social, o escenario da mina vai introducindo varias temáticas asociadas como o propio escenario natural onde se desenvolve, a nosa sociedade e illamento fronte ao mundo, a irrupción das redes sociais ou a pasividade de boa parte da sociedade, entre outras. 

  • Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere (2019). A Coruña: Deputación provincial da Coruña. [GAL/17464]

Premios

2018: Premio Torrente Ballester en castelán por Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere (como Dolores Torrano Vicente).
2014: XXV Premio de Narrativa Camilo José Cela polo relato «Las Ubres de la Noche» (como Dolores Torrano Vicente).

A autora nas redes

  • El diario.es [Artigos escritos pola autora
  • Nós diario [Entrevista]
  • La Voz de Galicia [Artigo
  • La radio del siglo. Lola Rontano presenta 'Austroatlántica' en Murcia [Podcast]
  • Twitter: @LolaRontano
  • Instagram: @lolarontano
  • Facebook: https://www.facebook.com/lola.rontano/?locale=es_ES
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X