Estás en:Emprego Novas
BIBLIOCLIP, música dende a BPDC

“Eu son así (vaiamos xuntos, a explorar a miña liberdade)”

Tema: Banned Books Week
Canción: "Je veux", Zaz
...Je suis comme ça (allons ensemble, découvrir ma liberté)...

“Eu son así (vaiamos xuntos, a explorar a miña liberdade)”

Libros e censura no século XXI.

A Banned Books Week (Semana dos Libros Prohibidos) creouse nos Estados Unidos en 1982, como reacción ao brusco crecemento do número de impugnacións de libros en bibliotecas, librerías e escolas. Unha impugnación é un intento de suprimir ou restrinxir o acceso a materiais ou servizos en función das obxeccións dunha persoa ou un grupo. Non se limita a que unha persoa amose o seu punto de vista, senón que trata de eliminar materiais dos programas educativos ou das bibliotecas, o que repercute na posibilidade de acceso doutras persoas á información, as opinións, as ideas e as ficcións. Unha impugnación formal implica someter a revisión a decisión de comprar o material ou ofrecer o servizo.

A Office for Intellectual Freedom (Oficina para a Liberdade Intelectual, OIF) da American Library Association (Asociación Estadounidense de Bibliotecas, ALA) documentou que en 2023 se realizaron 1.247 peticións de censura de libros e recursos de bibliotecas, uns 4.240 títulos de libros foron obxecto de censura en escolas e bibliotecas, aumentando o 65% con respecto ao ano anterior e alcanzando os niveis máis altos xamais rexistrados pola OIF, e o 47% dos títulos que sufriron tentativas de censura poñían voz e mostraban as experiencias de persoas LGBTQIA+ e BIPOC (Black, Indigenous, and people of color). Para máis información: https://www.ala.org/bbooks.

A Semana dos Libros Prohibidos é un evento anual que se celebra en todo o mundo. Chama a atención sobre os danos da censura e destaca o valor do acceso libre e aberto á información. Congrega a toda a comunidade do libro (bibliotecarios, educadores, autores, editores, libreiros e lectores) en apoio da liberdade de ler. Este ano terá lugar durante os días 22-28 de setembro.

A lectura non é tan só unha elección persoal, é unha liberdade.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=8mjE2SnIPH8

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/734dz1YaFITwawPpM25fSt

Recomendacións lectoras
Papel:
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=911721&A6=5001364950002&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=911598&A6=5001308250002&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=911706&A6=5001146530005&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=911686&A6=1000176020002&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=911694&A6=1000204390007&A7=0

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-guardiana-de-los-libros-quemados-00397117
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/los-lenguajes-de-la-verdad-00348076
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cartas-de-amor-a-stalin-00271198
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/ojos-azules-00048201
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/radio-silencio-00169489
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/a-formiga-fora-do-carreiro-00084174

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/vagalume-00352673
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-libertad-de-ser-libres-00352734
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/sobre-la-libertad-00352998

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X