Estás en:Emprego Novas
Bibliotecas da Provincia

Materiais informativos sobre a EBIBLIODACORUNA

A Biblioteca da Deputación da Coruña achega os novos materiais informativos ás Bibliotecas e Axencias de lectura da provincia, co obxecto de difundir as novas da plataforma de recursos e servizos dixitais incorporados nos últimos meses.

Materiais informativos sobre a EBIBLIODACORUNA

Nos últimos meses, a eBiblioDaCoruna (a plataforma de servizos dixitais da Biblioteca da Deputación da Coruña) estivo inmersa nun proceso de renovación co obxecto de chegar máis e mellor a todas as persoas da provincia. Engadimos funcionalidades e personalizamos ferramentas da plataforma, ao tempo que incorporamos novos servizos.
Nun primeiro momento, a difusión levouse a cabo a través da internet (redes sociais e correo electrónico), pero esta non estaría completa sen facérllela chegar en formato físico a todas as persoas interesadas.

Así pois, tendo presente o compromiso desta institución en prol de salvar a posible fenda dixital, naqueles eidos nos que desenvolve a súa actividade, dende a Biblioteca Provincial considerouse necesario poñer a disposición da cidadanía novos materiais informativos que introduzan e axuden a coñecer as funcionalidades que a plataforma de recursos e servizos dixitais pode ofrecer.

Para isto deseñáronse trípticos, marca páxinas e carteis onde se explican, de xeito sinxelo, as principais funcionalidades que a Biblioteca Provincial ofrece a través da súa plataforma eBiblioDaCoruna. A seguir enuméranse as principais:

  • App de lectura nova (para tabletas e teléfonos). Desde agora temos unha App de noso, búscaa nas tendas de aplicacións dos diferentes sistemas operativos: Android , Apple e Huawei. Chámase eBiblioDaCoruna.

A nova app incorpora melloras significativas de accesibilidade e tamén permite unha maior personalización.

Na Páxina Web da Biblioteca tes toda a información relativa á plataforma de servizos dixitais: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebiblioteca-info

No enlace que segue tes toda a información sobre este servizo: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector

  • Incorporación de Experiencias de Aprendizaxe. Trátase dun espazo de autodesenvolvemento persoal, onde terás ao teu dispor materiais e recursos para mellorar, ou axudarche a adquirir, habilidades persoais, profesionais, lingüísticas etc. Accede a través do enlace https://ebiblioclub.dacoruna.gal/

Para saber como funciona este novo servizo, tes toda a información no seguinte enlace: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/espazo-aprendizaxe

Se aínda non formas parte da nosa comunidade dixital date de alta aquí:

Maiores de 14: https://forms.gle/uyXWBZcUDi2TjhxA8
Menores de 14: https://forms.gle/RnynbxbnQ1ANMKZ38

Para calquera dúbida ou incidencia ponte en contacto connosco a través do enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 080 176.

Detalle1.png

  Detalle2.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X