Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Rebeca Quintáns

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Concello de Arzúa

Rebeca Quintáns

Rebeca Quintáns

Rebeca Quintáns López, nada en Arzúa, é unha xornalista, escritora de investigación e profesora galega.

Rebeca Quintáns é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a análise do discurso de Xoán Carlos I.

O seu primeiro libro, Un Rey golpe a golpe, publicouse na editorial Ardi Beltza baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo por motivos de seguridade. Foi unha continuación da investigación realizada na súa tese doutoral, que en palabras da autora: "había tanto contraste entre a verdade da figura de Juan Carlos e a imaxe creada nos medios de comunicación durante a Transición que eu estaba a desexar contar todo iso".

Como xornalista escribiu en diversos medios tanto convencionais (Interviú, Tiempo, El Semanal ou El Correo Gallego entre outros) como alternativos (Ardi Beltzav, Kale Gorria, El Otro País, No a la Guerra ou Diagonal). Tamén é profesora de Ensino Secundario e traballou como profesora asociada para a Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

En 2016 publicou Juan Carlos I: la biografía sin silencios, unha ampliación actualizada da traxectoria do rei emérito na que repasa diferentes aspectos da súa vida non tratados polos medios convencionais.

Obra

  • Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón (2000). Baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo.
  • Gran Hermano: el precio de la dignidad (2000). Xunto a Andrés Sánchez Díaz.
  • Las Actas oscuras / Roberto Vidal Bolaño (2003); traducción do galego Rebeca Quintáns [GAL/10651]
  • Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016).

A Autora nas redes

  • La Nueva España [Entrevista]: https://www.lne.es/verano/2016/07/22/rebeca-quintans-periodista-escritora-19528234.html
  • Publico [Artigos]: https://www.publico.es/politica/rebeca-quintans-23-f-consiguio.html ; https://www.publico.es/politica/hablar-del-libro-saliamos-redaccion.html
  • Revista Rambla [Entrevista]: https://www.revistarambla.com/rebeca-quintans-el-rey-emerito-fue-un-colaborador-necesario-del-23-f/
  • Infolibre [Artigo]: https://www.infolibre.es/politica/juan-carlos-i-biografia-silencios_1_1125704.html
  • El Diario.es [Entrevista]: https://www.eldiario.es/comunitat-valenciana/libertad-expresion-espana-informar-monarquia_128_3756125.html
  • Tercera información [Artigo]: https://www.eldiario.es/comunitat-valenciana/libertad-expresion-espana-informar-monarquia_128_3756125.html
  • Otra vuelta de tuerka [Entrevista - Vídeo]: 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X