Estás en:Emprego Novas
FOMENTO DA LECTURA

EBIBLIODACORUNACLUB

Coa chegada do outono volve o Club de Lectura dixital da Biblioteca Provincial.
Moderado por Patricia Cernadas, comezamos o 3 de outubro con
"La metamorfosis" de Franz Kafka, logo de cumprirse os 100 anos do seu pasamento.

EBIBLIODACORUNACLUB

A piques de comezar outubro, retomamos a actividade no Club de lectura dixital da Biblioteca Prtovincial, o eBiblioDaCoruna Club Lector. Pero, sabes en que consiste este espazo?

Que é eBiblioDaCoruna Club Lector

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autoras e autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

O club divídese en dúas salas, "Arredor dos libros" dedicado a escritores galegos, e "Compartiendo lecturas", no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Está moderado por unha persoa cualificada en lingua e literatura e co soporte técnico e dinamización do persoal da Biblioteca da Deputación.

Como acceder

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar dado/a de alta na plataforma de préstamo dixital eBibliodaCoruna. Dáte de alta, de balde, aquí
  • Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...

Se as cumpres, podes entrar no club lector dende o teu dispositivo.

Identifícate coas túas claves da EbibliodaCoruna no apartado "Iniciar sesión".

Se non lembras o teu contrasinal, podes recuperalo dende o apartado de "Iniciar sesión " (debaixo da caixa para introducir o teu usuario e contrasinal).

As persoas que usan a app da eBiblioDaCoruna tamén teñen un acceso directo dentro da área de usuario "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" que conecta directamente co eBiblioDaCoruna Club.

Unha vez dentro, se queres cambiar o nome co que te identificas para as demais persoas participantes no club, podes facelo premendo no teu nome (arriba á dereita da pantalla), e logo en "Axustes". Aí podes cambiar o nome co que participas no club e a imaxe, se o desexas.

Como participar e que podes facer

Na páxina de inicio tes as dúas salas de lectura dispoñibles, coa portada dos últimos libros que se leron ou se están lendo. Debaixo de cada un dos clubs tes un botón de "Seguir". Elixe aquel que queiras seguir e preme en «Seguir».

Automaticamente aparecerá «Abandonar club». Que teñas esta opción indica que xa estás dentro. Este paso só o tes que facer a primeira vez que te unes, porque xa quedas «anotado/a» para sempre.

Agora preme na portada do libro, e xa entrarás directamente ao club.

O eBiblioDaCoruna Club Lector pola nosa dinamizadora e moderadora Patricia Cernadas:

O eBiblioDaCoruna Club Lector polxs autorxs de anteriores edicións:

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X