Estás en:Emprego Novas
OBRADOIROS

Obradoiros para a infancia e mocidade (Outono de 2024)

A continuación deixamos toda a información sobre as actividades dirixidas á infancia e mocidade, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Obradoiros para a infancia e mocidade (Outono de 2024)

OBRADOIROS OUTONO 2024

Dende a Biblioteca Provincial temos preparadas diferentes actividades dirixidas á rapazada de todas as idades. A inscrición comeza o 7 de outubro ás 10:30h. 

INFANCIA/MOCIDADE

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

CURSO DE LEGO WEDO

Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos.

  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • PRAZAS: 12 prazas
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Xuvenil. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h, en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdw1GTlHG6e_2gRcnFQ31Q8DqY-9t_GcPbLSR8EcuBuxT5omw/viewform?usp=sf_link

CURSO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN

Dirixido a nen@s de 9 a 11 anos.

  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h, en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdw1GTlHG6e_2gRcnFQ31Q8DqY-9t_GcPbLSR8EcuBuxT5omw/

RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA A INFANCIA/MOCIDADE

  • A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
  • luns 7 de outubro ás 10:30 h da mañá.
  • Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca premendo no apartado Actividades e despois, en Infancia Mocidade premer no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man): 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

  • Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
  • Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) a listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e as listaxes de agarda.
  • 12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)
  • Os cursos son totalmente gratuítos.
  • En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.
  • Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal

Díptico Obradoiros Infancia e mocidade: ObradoirosNenxs_Outono2024.pdf

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X