Estás en:Emprego Novas

A exposición do 18º Premio Luís Ksado no Museo do Pobo Galego abrirá o 2 de outubro a programación paralela do certame

O día 3 celebrarase, na sede da Deputación e na Real Academia de Belas Artes, a homenaxe a Luis Zamora, recoñecido este ano polo premio como Fotógrafo Histórico

Máis de 300 persoas inscribíronse nos obradoiros que impartirán, no Centro Ágora coruñés, Chema Madoz (día 8) e Sandra Balsells (día 9). Aínda quedan prazas dispoñibles que se poden reservar no formulario habilitado

A exposición do 18º Premio Luís Ksado no Museo do Pobo Galego abrirá o 2 de outubro a programación paralela do certame

A inauguración da exposición das obras gañadoras e finalistas do 18º Premio Luís Ksado de creación fotográfica, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, volverá abrir a programación paralela do certame. Será o 2 de outubro, ás 19 horas, no Museo do Pobo Galego, de Santiago de Compostela. Unha hora antes, o auditorio do museo acollerá unha conferencia e proxección de "Alén", a colección vencedora nesta edición, do pontevedrés Vicente Fraga.

A programación ten máis citas durante todo o mes. O xoves 3 celebrarase a homenaxe a Luis Zamora, recoñecido este ano polo certame como Fotógrafo Histórico. Comezará cun acto institucional no salón de plenos da sede Deputación, ás 12 horas, e continuará na Real Academia Galega de Belas Artes, ás 19 horas, cunha mesa redonda na que participarán a deputada de Cultura, Natividade González; o comisario do premio Ksado, Xurxo Lobato; o fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, e o historiador de fotografía galega Manuel Sendón.

Obradoiros con Chema Madoz e Sandra Balsells
O centro Ágora da Coruña volverá ser, das 16.30 ás 20 horas, a aula dos obradoiros/masterclass de fotografía. Impartiranos, o día 8, Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía, e, o día 9, Sandra Balsells, Premio Ortega y Gasset El País.

Máis de 300 persoas inscribíronse xa nos talleres, pero aínda quedan prazas dispoñibles, que se poden reservar de balde nesta ligazón.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X