Estás en:Emprego Novas

A Deputación executará obras de mellora nas estradas provinciais DP 5001 e DP 5002 en Monfero

A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, reuníronse co alcalde en funcións de Monfero, Alberto Cortizas, para abordar as melloras necesarias

Os levantamentos topográficos comezarán nas vindeiras semanas

A Deputación executará obras de mellora nas estradas provinciais DP 5001 e DP 5002 en Monfero

A Deputación da Coruña reuniuse co goberno municipal de Monfero para coñecer as necesidades e demandas do municipio en materia de seguridade vial nas estradas de titularidade provincial.

Na reunión de traballo participaron a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández e o alcalde en funcións de Monfero, Alberto Cortizas, xunto con técnicos do departamento provincial de estradas.

No encontro, Albero Cortizas demandou actuacións de mellora da seguridade de dúas estradas provinciais, a DP 5001 de O Carballiño á Curra polo alto de Xestoso e a DP 5002 da Pila da Leña a Lagares. Ambas as dúas estradas teñen actualmente anchos non superiores aos catro metros.

A deputada de Vías e Obras anunciou que o seu departamento encargará un proxecto para levar a cabo a ampliación da estrada DP 5001 ata os sete metros de ancho, co obxectivo de garantir o cruzamento de dous vehículos en condicións de seguridade, e porá en marcha a execución de sobreanchos en distintas zonas da DP 5022 para mellorar tamén a seguridade da circulación de vehículos.

Os levantamentos topográficos para as obras comezarán nas vindeiras semanas. Ambas actuacións incluirán a renovación do firme.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X