Estás en:Emprego Novas

Formoso asistiu ao II Encontro de Alcaldesas, que reúne na Coruña a máis de trinta rexedoras de toda España

Formoso asistiu ao II Encontro de Alcaldesas, que reúne na Coruña a máis de trinta rexedoras de toda España

Máis de trinta rexedoras de toda España participan hoxe na Coruña no II Encontro de Alcaldesas, que nesta edición se celebra en Palexco baixo a lema 'Tomando decisións para cambiar o mundo'. O evento ten como obxectivo fomentar o liderado das mulleres en política e reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asistiu esta tarde en Palexco ao acto de apertura institucional do encontro, que contou coas intervencións da alcaldesa Inés Rey, a conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta, Fabiola García e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero.

Posteriormente se celebraron dúas mesas redondas. Unha primeira baixo o título 'Mulleres no poder local: novas políticas nas axendas do cambio" e outra sobre "A cidade das mulleres: traballando desde o espazo urbano para a innovación local", coa participación de alcaldesas de diferentes cidades de España.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X