Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Chus Martínez

#AVoltaÁProvincia 2024 non podía deixar de pasar pola terra do bardo, neste caso cunha historiadora da arte de Corme

Chus Martínez

Chus Martínez Domínguez, nada en Corme (Ponteceso), é unha comisaria galega de arte, e directora do Institute of Arte do FHNW Academy of Arte and Design de Basilea (Suíza).


Estudou Filosofía e Historia da arte. Anteriormente foi conservadora xefe no Museo do Barrio de Nova York, xefa de departamento e membro do Core Agent Group en dOCUMENTA, conservadora xefe do MACBA (2008-11), directora da Frankfurter Kunstverein (2005-08) e directora artística de Sala Rekalde de Bilbao (2002-05). Participou na Bienal de Venecia do 2005 e foi asesora curatorial do Carnegie International e da 29ª Bienal de São Paulo.

Paralelamente, foi comisaria en numerosas exposicións durante o seu paso pola Frankfurter Kunstverein e o MACBA, e tamén noutras institucións, como o Museo de Arte Raíña Sofía de Madrid. Chus Martínez imparte conferencias, escribe regularmente ensaios críticos en catálogos e é colaboradora habitual de Artforum, entre outras revistas de arte internacionais.

Obra da creadora na Biblioteca Provincial

  • Caderno de arte Interea / [coordinadores, Raúl Fraguela Vale, Héctor Pose Porto ; textos creadores, Chus Martínez Domínguez]. A Coruña : Deputación Provincial, D.L. 2008 [GAL/13656]
  • Galicia imaxinada : nas revistas da emigración / [organiza, Consello da Cultura Galega ; colabora, Secretaría Xeral da Emigración ; comisaria, Chus Martínez Domínguez]. [A Coruña] : Consello da Cultura Galega, 2019 [FGE/FOL 5/258]
  • Marxes e mapas [Archivo de ordenador] : a creación de xénero en Galiza : [exposición], Auditorio de Galicia, 9 de outubro de 2008, 1 de febreiro de 2009, Santiago de Compostela / Mónica Alonso...[et al.]; [dirección, Chus Martínez Domínguez, Xosé Manuel Lens. [Santiago de Compostela] : Concellaría de Cultura, D.L. 2009 [AO/143]
  • Alonso, Mónica. Mónica Alonso / textos, Pedro de Llano, Chus Martínez, Mónica Alonso ; traducciones, Isabel Seoane (gallego), Begoña Ferrín (inglés)]. A Coruña : MACUF, [2002] [GAL/13896]
  • Martínez Troncoso, Loreto. Vestiges d'un ici, vestixios de si : CGAC, Santiago de Compostela 8 febreiro-10 xuño 2019 / Loreto Martínez Troncoso ; comisaria Chus Martínez Domínguez. [Santiago de Compostela] : Centro Galego de Arte Contemporánea, D.L. 2020. [GAL I 131]

A autora nas redes

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X