Estás en:Emprego Novas
Autoras da provincia

Cristina Mourón

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Cristina Mourón polo Concello de Muxía

Cristina Mourón

Cristina Mourón 

Cristina Mourón Figueroa comezou como profesora no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1998. En 2002 defendeu a súa tese de doutoramento (distinción cum laude) e en 2008 pasou a converterse en Profesora Titular de Filoloxía Inglesa.

Mourón Figueroa leva impartido unha ampla variedade de materias cunha progresiva especialización no campo da historia e da cultura das Illas Británicas. O seu perfil investigador relaciónase directamente co estudo da historia e a cultura da Inglaterra medieval tardía, analizando datos tanto de fontes históricas como literarias.

Outras liñas de investigación de Mourón Figueroa inclúen: as mulleres inglesas medievais e o seu mundo, o teatro inglés medieval (destacando o York Corpus Christi Cycle), así como a figura histórica e mitolóxica do rei Ricardo III na cultura e literatura británicas. Mourón Figueroa ten participado de forma prolífica en conferencias internacionais especializadas, así como en redes e proxectos de investigación. No curso 2017-2018 foi Profesora Visitante Honoraria na University of Leicester (Reino Unido) na que levou a cabo un proxecto de investigación sobre Ricardo III ao abeiro da bolsa Salvador de Madariaga.

Así mesmo, leva desenvolvido múltiples tarefas administrativas e de xestión relacionadas co seu departamento e coa organización de congresos internacionais. Mourón Figueroa foi a Directora do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá (USC) entre os anos 2012 e 2016 e actualmente é membro das organizacións científicas e culturais The Richard III Society e Sociedad Tolkien Española.

En 2023 publicou a súa primeira novela, Hijos de York, unha triloxía histórica sobre o rei Ricardo III.

Obra

  • "Mujeres en profesiones médicas y su reputación en la Inglaterra medieval: el caso de Un mundo sin fin de Ken Follet." La mujer en la ciencia: Historia de una desigualdad. Lincom Studies in Anthropology 15. Eds. Begoña Crespo García, Inés Lareo Martín e Isabel Moskowich-Spiegel Fandiño. Lincom: Europa, 2011.3-23. Localizador: https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=577919
  • "The York Cycle and Fisterra Resurrection Plays: A Comparative Study." European Medieval Drama, 15 (2011): 153-186.
  • A Arca de Noé. Tradución ao galego de "Noah's Ark" do Newcastle (non-cycle) Play e "The Fall of Angels" (do York Cycle) (en co-autoría con Begoña Crespo e Isabel Moskowich). Betanzos: Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, 2011. [GAL/15943]
  • "El Auto de Resurrección de Fisterra: análisis de una tradición dramática medieval." Anuario Brigantino 32 (2009): 407-432.
  • "Mel Gibson's The Passion of the Christ and the York Cycle: A Comparative Study of Violence as Dramatic Device." Mediaevalia 2 (2006): 117-133.
  • El ciclo de York: sociedad y cultura en la Inglaterra bajomedieval. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela (2005). [GAL/11824]

A autora nas redes

@: cristina.mouron@usc.es

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X