Estás en:Emprego Novas

O deputado de patrimonio, Xosé Penas, visita Noia para abordar a posible rehabilitación de elementos patrimoniais

Penas reuniuse co concelleiro de Cultura e Turismo, José Pérez Martínez, nunha xornada na que tamén aproveitou para visitar a Igrexa de Santa María a Nova

O deputado de patrimonio, Xosé Penas, visita Noia para abordar a posible rehabilitación de elementos patrimoniais

O concello de Noia recibiu a visita do deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, que, ademais de reunirse co concelleiro de cultura e turismo, José Pérez Martínez, visitou a Igrexa de Santa María a Nova; un dos exemplos máis representativos de Galicia de estilo gótico mariñeiro.

"Esta igrexa" sinalou Penas, "é un reflexo da nosa historia, da nosa memoria colectiva como país, e por iso debe estar nas mellores condicións, como merece un ben desta magnitude", engadiu.

O deputado e o concelleiro abordaron a necesidade de rehabilitación de diferentes elementos patrimoniais como a Igrexa de Santa María a Nova, entre outros, valorando posibles actuacións futuras para mellorar e poñer en valor o patrimonio desta histórica vila.

Xosé Penas destacou o valor histórico e patrimonial do concello de Noia, "que alberga auténticas xoias", e recalcou a necesidade de "dignificalo, coidalo e preservalo, pola nosa memoria e para as xeracións presentes e futuras".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X