Estás en:Emprego Novas

A Deputación e os concellos de Compostela Rupestre reúnense para continuar avanzando no proxecto arqueolóxico

Representantes da Deputación e dos concellos implicados tiveron un encontro no concello de Santiago para abordar o estado do proxecto e definir próximos pasos

A Deputación e os concellos de Compostela Rupestre reúnense para continuar avanzando no proxecto arqueolóxico

Santiago de Compostela acolleu unha xuntanza da Deputación e os concellos implicados no parque arqueolóxico de Compostela Rupestre. O deputado de patrimonio e contratación, Xosé Penas, estivo cos representantes dos concellos para abordar o estado actual do proxecto e definir os próximos pasos a dar.

Concretamente, dende a Deputación trasladouse a necesidade de poñer en marcha un programa de traballo sobre os ronteiros. Concretamente, a entidade provincial encargarase de facer os estudos previos sobre as fincas de cada concello mediante licitación do servizo e despois serán os concellos os encargados de actuar sobre as mesmas.

Ademais, informouse sobre a firma do contrato para exectuar os traballo de limpeza das fincas, que comezarán nas próximas semanas.

Sobre o Centro de Interpretación Rupestre de Villestro (CIRVI), tamén se comunicou que van comezar os traballos de licitación para acometer as obras de adaptación deste centro que se converterá no punto de saída de roteiros e no museo de Compostela Rupestre.

E, por outro lado, propúxose a renovación do comité científico, onde participarán memobros das administracións públicas involucradas (Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e concellos), das Universidades de Santiago de Compostela e A coruña, e do colectivo A Rula. Unha vez renovado, serán eles os que valoren a adhesión doutros concellos que o solicitaron.

Todos os membros reunidos coincidiron, ademais, na necesidade de poñer en marcha accións de comunicación para continuar divulgando e poñendo en valor o plan arqueolóxico de Compostela Rupestre.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X