Estás en:Emprego Novas
24 de outubro: Día das Bibliotecas

Hoxe é o noso día, e convidámosvos a compartilo connosco!

O 24 de outubro as bibliotecas celebramos o noso día grande, e preparamos unha programación para todas as idades para celebralo.

Agardámoste!

Hoxe é o noso día, e convidámosvos a compartilo connosco!

24 de outubro: Día das Bibliotecas

24 de Outubro, Día Internacional da Biblioteca

ORIXE DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende o 24 de octubre de 1997 ven celebrándose o Día Internacional da Biblioteca, co obxecto de non esquecer o que significou a destrucción da Biblioteca de Saraievo, incendiada e arrasada en 1992.

O Día das Bibliotecas nace en resposta a destrución da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns como parte das campañas de limpeza étnica que tiveron como obxectivo principal a poboación bosníaca da cidade. Accións similares de destrución e borrado cultural seguen a ter lugar nos diversos conflitos armados activos a día de hoxe.

Nesta efeméride, desde a Biblioteca Provincial da Coruña, queremos reivindicar o papel das bibliotecas como espazos memoria colectiva e inclusión social facendo noso, como cada día, o lema adoptado polo Ministerio de Cultura 2019 "aptas para todos os públicos".

Evstafiev-bosnia-cello.jpg

Ademais este ano o Día das Bibliotecas tamén reivindica o seu como vehículos para a consecución dos Obxectivos de Desenrolo Sostible da Axenda 2030. Coa intención de fomentar o debate sobre eles fixemos unha pequena selección de recursos dispoñibles noso fondo que vos invitamos a explorar. Agardamos que sexan do vos interese e nos suxirades aqueloutros que consideredes apropiados para reflexionar sobre estes retos os que se enfronta a sociedade.

ACTIVIDADES

RECUNCHOS SOBRE BIBLIOTECAS E LITERATURA

Guía de lectura e recunchos sobre mundo da literatura e as bibliotecas na sección de préstamo e xuvenil.
Na ebibliodacoruna faremos unha selección sobre a mesma temática.

Podes consultar a Guía aquí: Guía de lectura_Día Da Biblioteca

DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o día, faremos unha decoración con diferentes elementos e frases de autores que encherán a biblioteca. 

VISITAS GUIADAS

Visita guiada Día das Bibliotecas. 24 de outubro 11:30 h. e 24 de outubro ás 18:00 h. 15 prazas.
Anotarse enviando correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.
Punto de encontro: vestíbulo da Biblioteca 5 minutos antes do inicio da visita.

OBRADOIRO INFANTIL DÍA DA BIBLIOTECA

  • Para todos os soci@s
  • Prazas: 12
  • Idade: de 4 a 8 anos
  • Data: Venres 25 de Outubro
  • Horario: de 18:00 a 19:30 h No vestíbulo da biblioteca
  • Reserva de praza (1 nen@ agás irmáns) a partir do 22 de outubro chamando ao teléfono 981080174 en horario de 16:00 a 20:00 h. Cada nen@ estará acompañado de 1 persoa adulta.

VISITA Á BIBLIOTECA DE CENTROS EDUCATIVOS

No mes da biblioteca recibimos a visita de varios grupos da Universidade da Coruña que veñen a coñecer os tesouros da biblioteca. Se precisas unha visita para o teu centro educativo podes enviar un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal
Días 22 e 29 de outubro ás 19:00 h

Tamén nos visitan os máis pequenos. Alumnado de Educación Infantil que nos acompañará o 22 e o 24 de outubro.

ENCONTRO DIXITAL NO CLUB EBIBLIODACORUNA SOBRE A METAMORFOSE DE KAFKA

  • Sala: Compartindo Lecturas
  • Día: 23 outubro de 2024
  • Lectura a comentar: A Metamorfose, de Franz Kafka

Para unirte ao Club Lector só tes que estar de alta na eBiblioDaCoruna e seguir algunha das salas: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/contents/66fe49edcf9773cf1e33ab0f 

Se aínda non o es, podes darte de alta aquí: https://emprego.dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebiblioteca-info#quero 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X