Estás en:Emprego Novas

A Deputación presenta a guía de viaxe “Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña”

Fotografías, infografías, historia, tradicións e curiosidades completan un volume que quere salientar a necesidade de protexer o patrimonio coruñés dun xeito transversal e pedagóxico

"Non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir e relacionarse co territorio, de cultura, de maneiras de viaxar, de rutas, de accesibilidade e de coordenadas, sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo", explicou o deputado de Patrimonio, Xosé Penas

A Deputación presenta a guía de viaxe “Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña”

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, presentou esta mañá no Castelo de Vimianzo a guía de viaxe "Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña. Trece marabillas para un percorrido histórico", editado pola Deputación. Acompañárono a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Maite Vence, coordinadora do proxecto e directora de Observer Science Tourism, plataforma dixital de destinos e servizos certificados de turismo científico.

O propio Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, as Torres do Allo, os Batáns de Mosquetín, o Pazo do Mariñán, o Teatro Colón, o Ecomuseo Forno do Forte, o Centro de interpretación da natureza, o Centro etnográfico de Teixeiro e os dolmens de Axeitos, Cabaleiros e Dombate son as trece marabillas que a guía lle propón ao viaxeiro para coñecer polo miúdo a historia da provincia. Fotografías, infografías, historia, tradicións e curiosidades completan un volume que quere, ademais, salientar a necesidade de protexer o patrimonio coruñés dun xeito transversal e pedagóxico.

"Non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir e relacionarse co territorio, de cultura, de maneiras de viaxar, de rutas, de accesibilidade e de coordenadas, sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo", explicou Penas.

Para o deputado, a riqueza do patrimonio coruñés non se circunscribe só a esas xoias arquitectónicas: "Temos unha inmensa colección artística no Pazo de Mariñán pero tamén repartida noutros edificios de titularidade da Deputación; e agardamos que algún día, máis pronto que tarde, poidamos contar co noso propio museo de arte provincial; niso imos traballar".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X