Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA| #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Adriana Andrade

Desenvolve o seu traballo en Malpica de Bergantiños con agrupacións familiares interxeracionais o cal, xunto coa súa vivencia no rural, lle serve de fonte de inspiración para a creación dun rico mundo literario.

Adriana Andrade

Adriana Andrade (Cerqueda, Malpica de Bergantiños) é graduada en Psicoloxía e diplomada en Educación Social pola Universidade da Coruña.

Desenvolve o seu traballo en Malpica de Bergantiños con agrupacións familiares interxeracionais o cal, xunto coa súa vivencia no rural, lle serve de fonte de inspiración para a creación dun rico mundo literario.

Obra

  • Milladoiro de contos [N AND mil / r]

O traballo artesán de dous canteiros locais na construción dun elemento simbólico serve de fío de unión para esta presa de relatos enraizados na maxia da contística. Neles peregrinan personaxes tradicionais xunto con xente do común que adquire papel de protagonista.

O Milladoiro das Pozacas é espazo de crenzas, casa de seres míticos, bálsamo fronte ás dificultades da veciñanza e punto de encontro e honra para romeiros de cerca e de lonxe. O misterio da noite de Reis, as trasnadas de pícaros que se converten nun perigoso incendio, a conquista amorosa dunha princesa ou a voda de dous anfibios complementan o seu día a día milagreiro.

A autora nas Redes

  • https://axendacultural.aelg.gal/2019/05/14/o-milladoiro-de-contos-de-adriana-andrade-vai-de-xira-no-mes-das-letras/
  • https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2018/05/29/calida-acogida-milladoiro-contos-adriana-andrade/0003_201805C29C11995.htm
  • https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2018/05/05/milladoiro-contos-agora-formato-libro/0003_201805C5C11996.htm
  • https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2018/08/25/cerqueda-facer-parroquia-23989443.html
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X