Estás en:Emprego Novas

A Deputación e Fademur congregan mañá en Sobrado a 400 mulleres para reivindicar a contribución feminina ao desenvolvemento rural

"As mulleres do rural fronte á violencia de xénero" será a temática da xornada, que se celebra ás portas do 25 N

Durante a xornada haberá un recoñecemento á traxectoria de catro mulleres que destacan en distintos eidos no ámbito rural

A Deputación e Fademur congregan mañá en Sobrado a 400 mulleres para reivindicar a contribución feminina ao desenvolvemento rural

A Deputación da Coruña e Fademur Galicia reunirán mañá sábado, 23 de novembro, a partir das 11.00 horas, en Sobrado dos Monxes a máis de 400 mulleres dos concellos rurais da provincia para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, nunha xornada que, ás portas do 25N terá como tema central a problemática específica na violencia de xénero no eido rural.

O acto celebrarase no Mosteiro de Sobrado e será inaugurado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, a presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García e o prior do Mosteiro de Sobrado, Carlos Gutierrez.

A xornada terá como tema central "As mulleres do rural fronte á violencia de xénero", unha temática que se abordará nunha mesa redonda na que participarán Carlos Ferrás Sexto, catedrático de Xeografía Humana da USC, Ana Cobo, psicóloga especialista en educación familiar e responsable do CIM de Ferrol, Paz Fligueira, maxistrada, e Yolanda García, profesora de Traballo Social da Uvigo e especialista en violencia de xénero. A mesa estará moderada por Rosa Arcos Caamaño.

Recoñecementos a mulleres do mundo rural

Como cada ano, durante o acto realizarase tamén un recoñecemento a mulleres, entidades e empresas do mundo rural que destacan polo seu compromiso coa igualdade no mundo rural e a súa aposta pola cultura, a innovación ou a posta en valor dos produtos autóctonos.

A xornada será clausurada pola presidenta de Fademur España, Teresa López, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais "A Maristela" de Sobrado, María Ángeles Sánchez Arias.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X