Nova lectura na sala Compartindo lecturas
Do 12/12 ao 20/12 de 2024 nova lectura no Club dixital da eBiblioDaCoruna:
"Dous contos de Nadal", de Fiódor Dostoyevski
A piques de entrar na recta final cara as festas, na Sala "Compartindo lecturas" do Club Lector dixital da eBiblioDaCoruna, estreamos lectura: "Dos cuentos de Navidad", de Fiódor Dostoyevski.
- Moderado por Patricia Cernadas,
- Do 12/12 ao 20/12 de 2024
- "Dos cuentos de Navidad", de Fiódor Dostoyevski
Os dous contos aquí reunidos, A árbore de Nadal e unha voda e O Neno da manciña, son unha mostra perfecta, en formato breve, do espírito que atravesa as grandes novelas do «mellor coñecedor da alma humana de todos os tempos», en palabras de Stefan Zweig.
Dous contos estremecedores e belos, con personaxes magníficamente retratados en delicadas pinceladas, e nos que podemos apreciar un profundo sentimento cristián, envorcado na defensa dos máis vulnerables.
Accede ao contido e colle o libro aquí. (A lectura estará dispoñible dende o 12/12)
Dáte de alta na eBiblioDaCoruna aquí: https://forms.gle/uyXWBZcUDi2TjhxA8