Estás en:Emprego Novas

Formoso destaca nunha reunión con Margarita Robles “o impulso económico e laboral” que supoñen os 7.000 millóns investidos por Defensa no sector naval de Ferrolterra

O presidente da Deputación pídelle á ministra de Defensa axilizar a construción do novo BAC da Armada, que complementará os 4.500 millóns do contrato das fragatas F-110 e os 2.000 millóns destinados a modernizar as F-100

Formoso destaca nunha reunión con Margarita Robles “o impulso económico e laboral” que supoñen os 7.000 millóns investidos por Defensa no sector naval de Ferrolterra

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reunise en Madrid coa ministra Margarita Robles, para facer un seguimento dos investimentos que Defensa está realizando na provincia da Coruña, e singularmente no sector naval de Ferrolterra, onde o Goberno de España está a investir 7.000 millóns de euros "en proxectos estratéxicos para a Armada Española, que supoñen un importante impulso económico e laboral para esta comarca e para os estaleiros de Navantia, que concentran o 15% de todo o emprego industrial de toda a provincia", apuntou o presidente provincial.

Neste sentido, Formoso abordou con Robles o avance do programa das fragatas F-110, con 4.500 millóns de euros de investimento programado durante unha década, no que supón "o proxecto de construción de buques de guerra de maior envergadura realizado pola Armada española nos últimos 50 anos, que se desprega integramente en Ferrol e súa comarca", así como o programa de modernización das F-100, que mobiliza un orzamento de máis de 2.000 millóns de euros e supón un importante volume de carga de traballo.

Impulso á construción do novo BAC

Estes proxectos complementaranse proximamente coa construción en Navantia do novo buque de aprovisionamento en combate (BAC), por importe de 440 millóns de euros e destinado a proporcionar apoio loxístico e operativo ás forzas navais, aínda que tamén pode operar en operacións non bélicas como as de axuda humanitaria.

Formoso pediu á ministra acelerar a orde de execución do buque, que suporá unha carga de traballo de 3 millóns de horas nos estaleiros ferroláns e uns 1.800 empregos, entre postos directos e indirectos.

O presidente da Deputación destacou que estes compromisos do Goberno benefician non só ao emprego directo nos astaleiros de Navantia senón á industria auxiliar que se sitúa en municipios como Narón e ás empresas subministradoras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X