Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña investirá este ano 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

O pleno aprobou por unanimidade o Plan de conservación de vías provinciais 2025, que incrementa o seu orzamento en 383.000 euros para a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.000 quilómetros da rede de estradas provinciais

Xunto co plan de desbroces e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 7.200 euros por quilómetro de estrada

A  Deputación da Coruña investirá este ano 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

A Deputación da Coruña investirá este ano 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

O pleno aprobou por unanimidade o Plan de conservación de vías provinciais 2025, que incrementa o seu orzamento en 383.000 euros para a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.000 quilómetros da rede de estradas provinciais

Xunto co plan de desbroces e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 7.200 euros por quilómetro de estrada

A Coruña, 28 de febreiro de 2025. O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade a primeira fase do Plan de conservación de vías provinciais, que en 2025 estará dotado cun orzamento de 11.383.203 euros, un 3,5% máis que o ano pasado.

"O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viarias ou obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,8 millóns en 2025. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

7.200 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 7.200 euros por quilómetro, apuntou a deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento que ano a ano rexistra o Plan de conservación de estradas, xa que "os traballos de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".

PLAN CONSERVACIÓN DE ESTRADAS 2025
(1ª fase)

DENOMINACIÓN DA OBRA

IMPORTE / €

GRUPO 1A – Ortigueira

259.037,66

GRUPO 1B – Cariño

195.487,32

GRUPO 2 – Mañón e As Pontes

189.058,87

GRUPO 3 – Cedeira, Cerdido e Valdoviño

331.122,89

GRUPO 4 – Ferrol e Narón

643.011,13

GRUPO 5 – Moeche, San Sadurniño e As Somozas

193.470,05

GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda

328.824,81

GRUPO 7 – Cabanas, Miño, Paderne e Pontedeume

214.111,88

GRUPO 8 – As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

337.291,84

GRUPO 9 – Oleiros e Sada

449.512,71

GRUPO 10 – Cambre, Bergondo e Betanzos

449.744,56

GRUPO 11 – Abegondo, Carral e Oza-Cesuras

449.279,47

GRUPO 12 – Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras

487.571,61

GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino

342.392,84

GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar

300.188,88

GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques

449.322,50

GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro

351.512,13

GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo

449.079,12

GRUPO 17 – Carballo, Cerceda e A Laracha

449.599,43

GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso

367.316,41

GRUPO 19 – Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo

196.768,19

GRUPO 20 – Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos

207.599,18

GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra

337.233,53

GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra

375.333,08

GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes

444.319,78

GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia

341.047,85

GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois

330.481,86

GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra

330.525,27

GRUPO 27 – Boiro e Rianxo

297.574,63

GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira

465.125,60

GRUPO 34 – D.P. 1914 Carballo a Portomouro

260.072,39

GRUPO 35 – Coristanco, Santa Comba e Zas

341.777,31

GRUPO 36 – D.P. 3404 Serra de Outes a Dumbría

218.408,55

TOTAL……………………………….

11.383.203,33


Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X