Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña ofrece 60 horas de formación gratuíta en protección de animais e xestión de residuos urbanos

Ambos os dous cursos celebraranse na modalidade en liña e arrincarán no vindeiro mes de maio

A Deputación da Coruña ofrece 60 horas de formación gratuíta en protección de animais e xestión de residuos urbanos

A Sección de Desenvolvemento Territorial, Cooperación e Medio Ambiente da Deputación da Coruña ofrece 60 horas de formación gratuíta en protección de animais e xestión de residuos urbanos. Faino a través de dous cursos que arrincarán no vindeiro de mes de maio en modalidade online.

Ambas as dúas formacións pecharon o seu prazo de inscrición o pasado venres 4 de abril e ofrecerán, de xeito gratuíto, 90 prazas destinadas a persoas con domicilio na provincia da Coruña interesadas nas materias.
Por unha banda, a Deputación ofrece formación baseada na Lei estatal e autonómica de Protección animal. De xeito concreto, detállanse novidades e póñense e problemas prácticos sobre colonias felinas ou carnés, seguros e paseos dos cans.

Por outra banda, os residuos urbanos son protagonistas da outra formación. Así, trátanse cuestións como o coñecemento dos diferentes tipos de residuos e o seu impacto no medio, a xestión e tratamento destes residuos ou os tipos de prácticas axeitadas nos domicilios para acadar a sustentabilidade.

Ambas os dous cursos outorgan un certificado de participación aos e ás alumnos e alumnas que completen as leccións coa puntuación mínima. Ademais, aqueles e aquelas que superen a proba global final terán dereito a un certificado de aproveitamento.

Máis información en: https://emprego.dacoruna.gal/desenvolvemento-territorial-transicion-ecoloxica/medioambiente/cursos/

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X