Estás en:Emprego

A Deputación inviste preto de 400.000 euros no programa de subvencións a concellos para a atención de museos en 2025

Os 22 beneficiarios recibirán axudas de entre 12.500 e 20.000 euros

"Somos conscientes de que contar con profesionais formados en áreas como a museoloxía e a documentación é crucial para garantir o correcto funcionamento destes espazos, a axeitada preservación das súas coleccións e a oferta de servizos de calidade ás e aos visitantes", sinala a deputada de Cultura, Natividade González

A Deputación inviste preto de 400.000 euros no programa de subvencións a concellos para a atención de museos en 2025

A Deputación da Coruña achegará 394.545 euros para o programa FO216, de subvencións a concellos e entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante 2025. Os 22 beneficiarios recibirán axudas de entre 12.500 e 20.000 euros.

"Con esta liña de axudas", explicou a deputada de Cultura, Natividade González, reforzamos o noso compromiso de facilitar a conservación e divulgación do patrimonio cultural da nosa provincia". "Na área de Cultura da Deputación da Coruña", engadiu, "somos conscientes de que contar con profesionais formados en áreas como a museoloxía e a documentación é crucial para garantir o correcto funcionamento destes espazos, a axeitada preservación das súas coleccións e a oferta de servizos de calidade ás e aos visitantes".

Para a deputada, "os museos son espazos de memoria, coñecemento e encontro, fundamentais para poñer en valor o noso patrimonio, para fortalecer a identidade local e mesmo para fomentar o turismo cultural sostible. Por iso consideramos prioritario reforzar as súas estruturas cunha liña de axudas que ten un impacto directo na súa actividade cotiá".

A relación de beneficiarios pode consultarse e descargarse no BOP do 8 de abril.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X