"Fun Home", a nova lectura na sala Páxinas de orgullo
A obra Fun Home, de Alison Bechdel, do 27 de maio ao 5 de xuño, é a nova lectura na sala virtual Páxinas de orgullo.

Comezamos a nova lectura na sala "Páxinas de orgullo" do club dixital de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Lembrámosche os datos desta actividade:
- "Fun Home", de Alison Bechdel
- Moderado por Nuria Vilán
- Do 27 de maio ao 5 de xuño
- Accede premendo aquí
Sobre a obra
En 2006 Houghton Mifflin publicou as súas memorias gráficas, Fun Home: Unha traxicomedia familiar, o exitoso relato de maduración que se cualificou como "proeza de retrato familiar" e un "raro e orixinal exemplo do porque as novelas gráficas ocuparon a conversación sobre a Literatura Americana." Fun Home está nomeado ao premio National Book Critics Circle de 2007.
O pai de Alison, a protagonista (e autora do libro), é profesor de linguas, e ten como afección coleccionar antigüidades e a restauración, así que aplica a súa afección a restaurar a súa casa victoriana, que é á vez unha funeraria. É un pai distante que nunca fixo pública a súa inclinación sexual, claramente homosexual. A través desta narrativa visual, que é á vez cómica e desoladora, achegámonos aos complexos de Alison, que loita en soidade por atopar o seu lugar.
---
Preme para máis información sobre a sala Páxinas de orgullo