Estás en:Emprego

O presidente da Deputación inaugura no Pazo de Mariñán unhas xornadas sobre lexislación medioambiental

O presidente da Deputación inaugura no Pazo de Mariñán unhas xornadas sobre lexislación medioambiental

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, inaugurou esta mañá no Pazo de Mariñán as xornadas "Danos ao medio ambiente. Prevención, reparación, consecuencias xurídico-administrativas e penais", organizadas pola Asesoría Xurdíca da institución provincial en colaboración co Foro Europeo de Xuíces para o Medio Ambiente. O encontro reúne a expertos e expertas de todo o Estado para analizar os danos ambientais desde unha perspectiva legal, técnica e administrativa.

No seu discurso, o presidente destacou a importancia de que os profesionais actualicen permanentemente coñecementos neste ámbito "nunha época sen parangón no que ten que ver coa produción normativa no ámbito da sustentabilidade a e protección do medio ambiente, especialmente a nivel europeo" e sinalou que "o progreso, o desenvolvemento industrial e a protección do medio ambiente non son conceptos incompatibles", senón que deben formar parte dun "equilibrio factible".

O presidente da Deputación subliñou tamén "o papel esencial" dos concellos e as administracións locais nas políticas medioambientais, desde desde a planificación urbanística ata a xestión da auga, os residuos ou os espazos naturais.

As xornadas contan coa participación de expertos como Héctor Santed, tenente do SEPRONA da Garda Civil; José Antonio Parada, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Luis Fernández, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid; María del Mar Casana, fiscal de Medio Ambiente da Fiscalía Provincial da Coruña; Faustino Gudín, maxistrado do Xulgado Penal de Segovia; e Carlos Lamora, ex director xeral da EDAR de Bens.

Os relatorios abordarán temas lexislativos no ámbito da prevención e reparación dos danos ambientais, as responsabilidades administrativas e penais, a calidade da auga e do aire, ou o control da contaminación industrial e agrícola.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X