Premiados #140enpositivo 2025
Presentáronse unha totalidade de 92 traballos nas dúas categorías e non cumpren as bases 11 traballos, polo que entraron na fase de valoración 81 traballos. Valoráronse aspectos como a motivación e positividade que transmite a mensaxe, a claridade na redacción, a orixinalidade, e a calidade literaria:
PRIMEIRO:
O xurado decide unir os traballos e premios das dúas categorías, debido aos poucos traballos presentados na Categoría 2, polo que se fallan dous primeiros premios, dous segundos premios e dous terceiros premios.
SEGUNDO:
Dos traballos presentados nas dúas categorías
RESOLVEN conceder os premios do XIII Concurso Literario "#140enpositivo" aos seguintes traballos:
1º PREMIO.
"Non poderás nadar cara a novos horizontes se non tes a coraxe de perder de vista a costa" (nº 13)
Da que é autora: Camila Villaverde Medina
1º PREMIO.
"Xa sei que doe, pero pasará. E o mar no que hoxe te afogas, só será unha onda que che bateu nos pés, para que sigas camiñando. Haberá mareas altas e baixas, e sol, moito sol. Sempre chegará un raio morno que che enxugue as bagoas e che cure a dor." (Nº 85)
Da que é autora: Anabel Rodríguez Vázquez
2º PREMIO.
"Cada pequeno paso que dás hoxe achégate ao gran soño de mañá" (Nº17)
Da que é autor: Miguel Pampín Caneiro
2º PREMIO.
"La vida es un libro en tus manos: solo tú eres el escritor de cada línea, el ilustrador de cada escena, el protagonista de cada trama y el editor de cada revisión. Construye la obra que quisieras leer... y releer." ( Nº 58)
Da que é autora: Cecilia Valiño Cid
3º PREMIO.
"Non estás só. Non estás soa. Ás veces basta un "eu tamén" para que o mundo pese menos." (Nº 9)
Da que é autor: Bruno Ramos Rodríguez
3º PREMIO.
"A veces la vida sorprende con pequeñas cosas que iluminan todo: una sonrisa, un abrazo, una risa inesperada. Agárrate fuerte a esos momentos. La felicidad no siempre grita, a veces susurra... y ahí está la magia. ¡Ánimo, lo mejor está por venir!" (Nº15)
Da que é autora: Sofía López Caínzos
As persoas gañadoras poderán recoller os seus premios na Biblioteca Provincial ( Rúa Riego de Agua, 37 15001 A Coruña) a partir do 27 de maio no horario de apertura ao público. Todos os participantes participantes teñen un pequeño agasallo da Biblioteca Provincial que poderá ser recollido na biblioteca no horario de atención ao público da Biblioteca Provincial ata o 15 de xuño de 2025