Estás en:Emprego

A Deputación avalía en Dombate as próximas actuacións para o mantemento do centro arqueolóxico

A intervención máis urxente é a reforma da cuberta, que se licitará no vindeiro mes de setembro

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, visitou o dolmen acompañado por técnicos da Deputación e polo alcalde de Cabana, José Muíño, nunha xornada na que tamén se entrevistou co rexedor de Ponteceso, José Manuel Mato, para coñecer as obras do aparcadoiro de Balarés e tratar a regulación do acceso de vehículos á praia, de titularidade provincial

A Deputación avalía en Dombate as próximas actuacións para o mantemento do centro arqueolóxico

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, achegouse ao Dolmen de Dombate para avaliar próximas actuacións para o mantemento do centro arqueolóxico. Acompañárono o xefe de arquitectura da Deputación, Daniel Beiras, e a técnica de arquitectura Marina Cabana, nunha visita á que se sumou o alcalde de Cabana, José Muíño.

A intervención máis urxente é a reforma da cuberta, que se licitará no vindeiro mes de setembro, segundo adiantou Penas. "Polo seu estado de evidente deterioro", sinalou o deputado, "é a obra que máis nos preocupa, pero tamén cremos necesario acometer canto antes outras menores, coma a mellora dos accesos ao centro, a modernización dos lavabos, a limpeza da contorna, a posta en marcha de materiais divulgativos sobre o parque e o redeseño da cartelería.

Penas e Muíño falaron ademais de futuros usos para o centro de interpretación. "Tal e como se acordou na última xuntanza dos concellos adscritos ao Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa de Morte, as instalación do centro de interpretación de Dombate servirán tamén como punto de saída dos visitantes". "No horizonte", engadiu, "está actualizalo de cara ao noso gran obxectivo de musealización do espazo, no ano 2026".

Balarés
A axenda de Penas completouse co visita á praia de Balarés, de titularidade provincial. A maior preocupación para a administración provincial, como lle comunicou o deputado ao alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, é a da regulación do acceso de vehículos ao areal "un espazo natural que debemos protexer entre todos". "A idea", explicou Penas, "é que se limite o acceso dos coches á praia, ofrecendo como alternativa o aparcadoiro con 395 prazas que está a construír a Deputación". "E queremos", abundou, "que ese aparcadoiro sexa disuasorio, algo ao que tamén ten que contribuír o concello de Ponteceso coa vixilancia e ordenación do tráfico da estrada municipal que chega á zona de estacionamento".

Outro dous asuntos que trataron o deputado, os técnicos e o alcalde foi a da reforma da cafetería da praia, pendente dunha licitación prevista para finais de verán por adaptacións das cociñas á normativa.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X