Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

Encontro virtual con María Solar

Na sala "Tinta e equidade" dos nosos Clubs de lectura virtuais imos ter un encontro moi especial coa autora María Solar, para compartir a súa obra "A Culpa".

Encontro virtual con María Solar

Clubs de Lectura virtuais da Biblioteca Provincial 

Antes do descanso estival dos nosos Clubs de lectura temos unha última actividade que, de seguro desfrutaredes fondamente.

Na sala Tinta e equidade, gozaremos dun encontro virtual coa autora María Solar, para comentar A Culpa.

Toma nota:

  • Cando? O vindeiro día 30 de xuño
  • A que hora: ás 20 h.
  • Para quen? Pode participar calquera persoa, a través do enlace: meet.google.com/thp-usyx-ouj

Agardámoste!

Darse de alta na eBiblio (Biblioteca Dixital da Deputación da Coruña)

No seguinte enlace poderás darte de alta na nosa biblioteca dixital: https://forms.gle/uyXWBZcUDi2TjhxA8

Se xa formas parte da biblioteca dixital, só tes que seguir aquela/s sala/s que máis che interesen.

Que é eBiblioDaCoruna Club Lector

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas de xeito virtual.

Está aberto a totas as persoas usuarias das Bibliotecas Municipais da provincia e da Biblioteca Provincial.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano. O club conta, a día de hoxe, con catro salas:

  • Tinta e equidade: é un club dixital de lecturas en igualdade de xénero en colaboración entre a área de Políticas de Igualdade de Xénero e a Biblioteca da Deputación. Este club completa o catálogo de actividades en igualdade que teñen como obxectivo achegarse ao conxunto da poboación da provincia, viva onde viva e teña a idade que teña.
  • Páxinas de orgullo: é un club especializado en lecturas LGTBiQ+ en colaboración entre a área de Políticas de Igualdade de Xénero e a Biblioteca da Deputación. A Deputación da Coruña leva anos facendo un importante traballo para visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
  • Arredor dos libros dedicado a escritores galegos
  • Compartindo lecturas, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Máis información en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X