Saídas cos centros educativos premiados no concurso de microrrelatos, para coñececer o patrimonio cultural da Deputación da Coruña
Comezaron as saídas cos centros educativos premiados no concurso, para coñececer o patrimonio cultural da Deputación da Coruña.

Onte o alumnado do Colexio Cristo Rei de Ferrol disfrutaron dunha saída polo Patrimonio provincial, visitando as Fragas do Eume e o Pazo de Mariñán.
Iago Maseda, o autor do microrrelato premiado no concurso #hoxeescriboen_mocidade na categoría B, foi tamén o ganador final, e un dos premios era esta excursión para toda a súa aula.
-
O martes pasado, xa tiveramos outra excursión, grazas ao relato gañador da categoría C, de Sofía Cao Fontán.
Neste caso, a ruta elixida polo centro compostelán discorreu polas Fragas do Eume, cunha fermosa andaina, que culminou cunha visita guiada ao Mosteiro de Caaveiro.
-
Logo do verán terán lugar as outras dúas saidas previstas cos centro gañadores das categorías A e D.
Moitas grazas a todxs os involucrados, por facer posible esta colaboración tan proveitosa entre a Sección de Tirismo da Deputación da Coruña, os centros de ensino medio da provincia (alumnado, profesorado e demais persoal que nos achanzou o camiño) e a Biblioteca Provincial.
Se queredes saber máis sobre o noso concurso para xoves, accede aquí!