Estás en:Emprego
Diversidade sexual

Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+

O próximo 28 de xuño é o Día do Orgullo LGTBQIA+ e, desde a Biblioteca Provincial, preparamos recomendacións de lectura e recursos informativos para sumármonos á celebración da diversidade e o respecto aos dereitos das persoas.

Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+

O Día Internacional do Orgullo, refírese a unha xornada na que ten lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTBQIA+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.

A mensaxe do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.

Na Biblioteca sumámonos a esta reivindicación e preparamos algúns recursos relacionados coa diversidade sexual e os dereitos das persoas

  • Na eBiblioDaCoruna seleccionamos diversos recursos 
  • En Páxinas de orgullo, o club de lectura de eBiblioDaCoruna especializado en LGTBiQ+, compartimos a lectura En vías de extinción, de María Reimóndez. O 1 de xullo teremos un encontro coa autora a través de videochamada.
  • Nas diversas seccións da Biblioteca tamén vos agardan recunchos temáticos para levar en préstamo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X